A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA). Comezouse a xogar no ano 1997. Actualmente, a tempada regular xógase de xuño a setembro, coas Finais no mes de outubro.
Varios equipos da WNBA teñen o seu homólogo na NBA e xogan no mesmo pavillón. O Connecticut Sun, Seattle Storm e Tulsa Shock son os únicos equipos que non comparten nada con algún equipo NBA, a pesar de que as Seattle Storm compartiran cidade cos Seattle SuperSonics antes do seu traslado a Oklahoma City. Ademais deses tres equipos, o Chicago Sky é o outro único equipo que non comparte pavillón cun equipo da NBA. As catro franquías mencionadas anteriormente, xunto cos Atlanta Dream e os Los Angeles Sparks, teñen propietarios independentes. Esta independencia é moi importante para o crecemento da WNBA, xa que houbo un tempo onde todos os equipos da liga tiñan coma propietaria á NBA.
Draft da WNBA Cada primavera, o Draft da WNBA ten lugar en Bristol, Connecticut. De 2005 a 2008 tivo lugar na cidade na que se celebraba a Final Four feminina da NCAA. De 2009 a 2010 tivo lugar nas oficinas da liga en Secaucus, Nova Jersey. O Draft ten actualmente tres roldas, onde cada equipo ten tres eleccións, deixando á parte os traspasos. A orde do Draft para os equipos clasificados para os playoffs o ano anterior básase no récord obtido. O equipo con maior récord, elixe máis tarde. Para as primeiras catro posicións do Draft, o proceso que se usa é similar ó do Draft da NBA.
Tempada regular Tras o descanso de inverno, os equipos comezan os adestramentos en maio. Os adestramentos permítenlles ao corpo técnico avaliar xogadoras (especialmente rookies), evalúan os puntos fortes e débiles do equipo, preparan ás xogadoras para a tempada regular e escollen ás 11 mulleres que estarán no equipo e empezarán a tempada regular. Tras os adestramentos, hai unha serie de partidos amigables. A tempada regular comeza en maio.
Durante a tempada regular, cada equipo xoga 34 partidos, 17 en casa e 17 fóra. Cada equipo xoga 4 veces contra tres equipos da súa conferencia (12 partidos), 5 veces contra dous equipos da súa conferencia (10 partidos), e 2 veces contra os seis equipos da outra conferencia (12 partidos). Igual que na NBA, cada equipo xoga na casa e visita a un equipo polo menos unha vez cada tempada.
All-Star Game da WNBA En xullo, a tempada regular tómase un respiro para celebrar o All-Star Game da WNBA. O partido forma parte dunha longa fin de semana de eventos, que ten lugar nunha cidade con equipo WNBA cada ano. O All-Star Game enfronta ás mellores xogadoras da Conferencia Oeste contra as mellores xogadores da Conferencia Leste. Durante a tempada, os fans votan ás xogadoras que queren que sexan titulares no partido.
Pouco despois do All-Star Game remata o prazo de traspasos. Despois deste día, os equipos non teñen permitido traspasar xogadores a outro equipo durante o resto da tempada, pero seguen podendo asinar e cortar xogadores.
Equipos Conferencia Equipo Cidade Pavillón Capacidade Entrada na WNBA Adestrador/a LESTE Atlanta Dream Atlanta, GA State Farm Arena 18.118 2008 Nicki Collen Chicago Sky Chicago, IL Wintrust Arena 10.387 2006 James Wade Connecticut Sun Uncasville, CT Mohegan Sun Arena 9.323 1999* Curt Miller Indiana Fever Indianapolis, IN Bankers Life Fieldhouse 18.165 2000 Pokey Chatman New York Liberty White Plains, NY Westchester County Center 5.000 1997 Katie Smith Washington Mystics Washington, D.C. St. Elizabeths East Entertainment and Sports Arena 4.200 1998 Mike Thibault OESTE Dallas Wings Arlington, TX College Park Center 7.000 1998* Brian Agler Las Vegas Aces Paradise, NV Mandalay Bay Events Center 12.000 1997* Bill Laimbeer Los Angeles Sparks Os Ánxeles, CA Staples Center 18.997 1997 Derek Fisher Minnesota Lynx Minneapolis, MN Target Center 19.356 1999 Cheryl Reeve Phoenix Mercury Phoenix, AZ Talking Stick Resort Arena 18.055 1997 Sandy Brondello Seattle Storm Seattle, WA Alaska Airlines Arena 10.000 2000 Dan Hughes O asterisco (*) denota un movemento da franquía.
Equipos trasladados Detroit Shock – 1998–2009 (converteuse no Tulsa Shock) Orlando Miracle – 1999–2002 (converteuse no Connecticut Sun) Utah Starzz – 1997–2002 (converteuse no San Antonio Silver Stars) Tulsa Shock – 2010–2015 (converteuse no Dallas Wings) San Antonio Stars – 2003–2017 (converteuse no Las Vegas Aces)
Equipos desaparecidos Charlotte Sting – 1997–2006 Cleveland Rockers – 1997–2003 Houston Comets – 1997–2008 Miami Sol – 2000–2002 Portland Fire – 2000–2002 Sacramento Monarchs – 1997–2009
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da WNBA Estatísticas da WNBA en Basketball-Reference.com
Categoría:Women's National Basketball Association Categoría:Ligas de baloncesto dos Estados Unidos de América