Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa frota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.
Características Obtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.
Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero ten bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.
Frota Actual miniatura|240x240px|CRJ200 aterrando en Bilbao miniatura|240x240px|CRJ1000 engalando de Vigo En decembro de 2020 a frota de Air Nostrum estaba formada polos seguintes avións: + AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasATR 72-60011—72Bombardier CRJ2008—50Bombardier CRJ9004—90Bombardier CRJ100028—100Total51—
Histórica AviónTotalIntroducidoRetiradoNotasATR 42219972003BAe 146420002007Dash 8-3003420012014Fokker 505519942006
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Air Nostrum Datos sobre a frota de Air Nostrum
Categoría:Iberia LAE Categoría:Empresas da Comunidade Valenciana