dereita|miniatura|Escultura na Bandeira.
Juan José Salgueiro Montouto, nado en Abades (Silleda) o 3 de agosto de 1946 e finado na Bandeira o 3 de marzo de 2015, foi un político galego e alcalde de Silleda entre 1987 e 1999.
Traxectoria Empregado de banca, primeiro en Banesto e despois na Caixa de Aforros de Pontevedra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou as listas de Alianza Popular á alcaldía de Silleda, que gañou por maioría absoluta. Repetiu triunfo nas municipais de 1991 e 1995, formando de novo goberno con maioría absoluta, pero desta volta nas filas do herdeiro de Alianza Popular, o PPdeG. Deixou a corporación en 1999, sendo o seu substituto á cabeza da agrupación política local José Fernández Viéitez. Foi deputado provincial entre 1991 e 1995. Cando deixou a alcaldía rexentou unha axencia inmobiliaria.
Recoñecementos En outubro de 2015, a Praza da Feira Vella da vila de Silleda pasou a denominarse Praza de Juan José Salgueiro MontoutoJuan Salgueiro se hace eterno en Silleda en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15). En marzo de 2016, as Prazas da Feira e do Entroido da vila da Bandeira unificáronse nunha soa baixo o nome de Praza de Juan SalgueiroJuan Salgueiro dará nombre a la unificada plaza de A Feira y O Entroido de A Bandeira en Faro de Vigo (Consultado o 12/11/15) e inaugurouse unha estatua a tamaño real do político a carón da capela da Bandeira, actos que coincidiron co cabodano do seu pasamentoA Bandeira rinde tributo a su benefactor en Faro de Vigo (Consultado o 18/03/16).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Silleda
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2015