The Futureheads é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, editado o 12 de xullo do 2004. Do disco sacáronse os sinxelos "First Day", "Decent Days and Nights", "Meantime" e "Hounds of Love" (unha versión de Kate Bush). The Futureheads tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi re-lanzado nunha edición especial no ano 2005, contando cun DVD, traendo unha portada lixeiramente cambiada, en rosa en vez do gris da orixinal.
"Decent Days and Nights" e "Hounds of Love" puxéronse á disposición do xogo Rock Band o 9 de marzo de 2010. "Decent Days and Nights" tamén aparece na banda sonora do videoxogo Burnout 3 e usouse nun capítulo da serie de televisión The O.C. e na película Grandma's Boy.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 33 mellor álbum do ano 2004.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por The Futureheads agás onde se indique. "Le Garage" – 1:45 "Robot" – 2:00 "A to B" – 2:27 "Decent Days and Nights" – 2:31 "Meantime" – 2:50 "Alms" – 2:05 "Danger of the Water" – 2:57 "Carnival Kids" – 2:44 "The City Is Here for You to Use" – 2:35 "First Day" – 2:04 "He Knows" – 3:13 "Stupid and Shallow" – 1:34 "Trying Not to Think About Time" – 2:24 "Hounds of Love" (Kate Bush) – 3:02 "Man Ray" – 2:18
Edición especial A edición especial do álbum contén dous temas extra ao final da súa listaxe. "Decent Days and Nights (Radio Mix)" – 2:42 "Hounds of Love (Radio Mix)" – 3:05
Notas
Categoría:Álbums de The Futureheads Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums producidos por Paul Epworth Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Sire Records