miniatura|dereita|300 px|Timopoetina (imaxe baseada en PDB 1GJJ). As timopoetinas, timopoietinas ou isoformas beta/gamma do polipéptido 2 asociado ás laminas son unhas proteínas codificadas polo xene TMPO nos humanos.
A timopoetina foi illada inicialmente do timo bovino e déuselle primeiro o nome de timina, que foi cambiado a timopoetina, para non confundila coa base nitroxenada timina Gideon Goldstein. The isolation of thymopoietin (thymin). Annals of the New York Academy of Sciences. Volume 249, Thymus Factors in Immunity pages 177–185, February 1975 .
Á timopoetina atribúeselle unha acción hormonal, que induce a diferenciación dos timocitos a partir das súas células precursoras J J Twomey, G Goldstein, V M Lewis, P M Bealmear, R A Good. Bioassay determinations of thymopoietin and thymic hormone levels in human plasma. Proceedings of the National Academy of Science of USA. June 1, 1977 vol. 74 no. 6 2541-2545. .
O xene da timopoetina (TMPO) codifica tres ARNm, resultado dun splicing alternativo, que orixinan tres proteínas, de 75 kDa (alfa), 51 kDa (beta) e 39 kDa (gamma), que son expresadas en todas as células. O xene TMPO humano atópase na banda 12q22 do cromosoma 22 e consta de oito exóns. O TMPO alfa está presente e difusamente expresado no núcleo celular, e os TMPO beta e gamma están localizados na membrana nuclear. O TMPO beta é un homólogo humano da proteína murina LAP2 (polipéptido 2 asociado á lamina). O LAP2 desempeña un papel na regulación da arquitectura nuclear ao unir a proteína lamina B1 cos cromosomas e intervir na formación da lámina nuclear. Esta interacción está regulada por fosforilación durante a mitose. Dada a localización nuclear das tres isoformas de TMPO, é improbable que estas proteínas xoguen un papel na indución do CD90 no timo, como se suxerira.
Interaccións A timopoetina interacciona co factor barreira de autointegración 1, AKAP8L, LMNB1 e co LMNA.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas MeshName - Thymopoietins
Categoría:Hormonas Categoría:Proteínas