A sedoheptulosa 1,7-bisfosfatoMeSH Sedoheptulose 1,7-bisphosphate , sedoheptulosa 1,7-difosfato ou sedoheptulosa-1,7-difosfatoPubChem compound D-sedoheptulose-1,7-P2 é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilado nos carbonos 1 e 7 CHEBI. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa) cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e un grupo fosfato esterificado en cada un dos carbonos dos extremos da molécula. Intervén no ciclo de Calvin da fotosíntese.

No ciclo de Calvin da fase rexenerativa da fase escura da fotosíntese, orixínase sedoheptulosa 1,7-bisfosfato na reacción entre a eritrosa 4-fosfato e a dihidroxiacetona fosfato A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0. catalizada por unha aldolase. eritrosa 4-fosfato + dihidroxiacetona fosfato → sedoheptulosa 1,7-bisfosfato

Despois, a sedoheptulosa 1,7-bisfosfato formada perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase, orixinando sedoheptulosa 7-fosfato. sedoheptulosa 1,7-bisfosfato → sedoheptulosa 7-fosfato + Pi

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sedoheptulosa Sedoheptulosa 7-fosfato Heptosa

Categoría:Monosacáridos Categoría:Organofosfatos Categoría:Fotosíntese