A nabiza, tamén chamada rabiza ou cimón (na mariña lucense), é a folla tenra do nabo (Brassica rapa L.), planta da familia das crucíferas ou brasicáceas.
As nabizas son as primeiras follas do nabo, antes de que esta planta entre en floración, son diferentes dos grelos,que teñen características organolépticas diferentes.
En Galicia é a verdura típica do outono para facer o caldo galego, e tamén se utiliza como ingrediente dos primeiros cocidos, e mesmo do Lacón con grelos.
A dicir de Eladio Rodríguez, as nabizas son as
E segundo Emilia Pardo Bazán, falando do caldo galego, di
As nabizas na cultura popular Refraneiro As nabizas piden unto; e os grelos, lacón ao punto. As nabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto. Nabo, nabiza e grelo, a trindade do galego.
Cantigueiro 1. Eu de onde estou ben vexo as rabizas en Teaio, tamén vexo os meus amores na arrechán de Araño.Teaio é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro), estremeira da do Santa Baia do Araño (Rianxo).
2. Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal; non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Condesa de Pardo Bazán (s/d): La cocina española antigua. Madrid: Sociedad Anónima Renacimiento. Reedición facsimilar, editada en O Castro, Sada (1996) pola Academia Galega de Gastronomía, coa autorización da RAG. ISBN 84-600-9327-1. Rodríguez González, Eladio (1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Volume 3. Vigo: Editorial Galaxia. Picadillo (2001): La cocina práctica. Prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña: Editorial Everest Galicia. ISBN 84-403-0510-9
Outros artigos Grelo Nabo
Ligazóns externas Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos .
Categoría:Hortalizas Categoría:Gastronomía de Galicia