Caramelo foi unha marca téxtil galega fundada en 1969 na cidade da Coruña.
Historia miniatura|esquerda|Tenda de Caramelo en Marineda City, A Coruña. miniatura|dereita|Sede de Caramelo na Grela, A Coruña A empresa foi fundada por José Antonio Caramelo o seu sobriño Javier Cañás e Luis Gestal no número 26 da rúa Juan Castro Mosquera da Coruña"El Caramelo más amargo", La Opinion de A Coruña, 31 de maio de 2009 .. Os inicios na moda de José Antonio Caramelo foron na empresa na que traballaba Amancio Ortega. En 1963 xunto con familiares de Ortega fundarían GOA, os inicios de Inditex. Caramelo como marca naceu en 1969 para producir pezas de calidade impermeables. A partir de 1971 comezou a fabricar tres liñas de pezas para home: pantalóns Tommy Harrods, cazadoras Chelton e camisas Yale. En 1984 naceu a marca Caramelo con coleccións de roupa de home e muller.
En 2002 abandonou a dirección da empresa e o accionariado Javier Cañás, que era a súa cabeza visible dende o comezo. Para aquela altura, 2003, Caramelo estaba consolidada como empresa internacional, con presenza en máis de vinte países. No 2005 a empresa adquiriu Antonio Pernas e comezou a súa expansión no Estado español. En 2009 Antonio Pernas integrouse baixo o nome de Caramelo, dando orixe a Caramelo by Antonio Pernas, que recollía a colección feminina de cerimonia da firma.
A comezos da década de 2010 a empresa Caramelo era propiedade de Inveravante, a sociedade de investimento propiedade de Manuel Jove, que tiña o 90% do accionariado. En 2010 Caramelo entrou en crise: recibiu créditos por 36 millóns de euros da Xunta e despediu 230 traballadores, quedando cun equipo de 538 traballadores"La Xunta inyecta en Caramelo otros cinco millones tras criticar al bipartito", artigo de María Fernández en El País, 13 de febreiro de 2010 .. O 15 de abril de 2013 a empresa solicitou o concurso de acredores"Caramelo solicita el concurso de acredores" , La Opinión de A Coruña, 15 de abril de 2013 ., do que saíu un ano máis tarde. A finais de 2016 abandonaron a empresa o director xeral e o director creativo, e unhas semanas máis tarde Caramelo anunciou a súa liquidación e desaparición como firma, con 169 empregados, 79 deles en Galicia"Los dueños de Caramelo liquidan la empresa", Cinco Días, 25 de outubro de 2016 ..
A marca foi mercada en 2018 por Kosu Nuno."Un empresario gallego se queda con la marca Caramelo por medio millón", La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2018 .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Caramelo
Categoría:Empresas téxtiles de Galicia