A bandeira de Guinea Ecuatorial consta de tres franxas horitzontais verde, branca e vermella, amais dun triángulo azul do lado do pau. No centro, a bandeira está decorada co escudo estatal na banda branca, que representa un bombax, a árbore tradicional da rexión, sobre un fondo branco, coroado por seis estrelas amarelas de seis puntas que simbolizan o territorio continental e as cinco illas que integran o estado. Baixo o escudo atópase o lema nacional en castelán: Unidad, Paz, Justicia ('unidade, paz, xustiza').

Historia A bandeira de Guinea Ecuatorial foi adoptada ao proclamarse a independencia do país o 12 de outubro de 1968. O escudo presente no centro da bandeira, na súa franxa branca, foi modificado durante a ditadura de Macías en 1973http://www.crwflags.com/fotw/flags/gq_1973.html#nguema. Foi restaurada o 21 de agosto de 1979 trala chegada ao poder de Teodoro Obiang Nguema. A cor verde representa a flora do país, o azul o mar, o branco a paz e o vermello a independencia.

A árbore que aparece na bandeira e no escudo nacionais é a árbore de algodón de seda (Bombax).

Bandeiras históricas

Máis bandeiras de Guinea Ecuatorial Os bubi da illa Bioko empregan unha variante de bandeira a raias vermellas e verdes cun cantón azul, cun triángulo branco tradicional no centro do cantón. Os independentistas bubi do Grupo Nacionalista Bubi 1 de Abril empregan unha bandeira tricolor azul, branca e verde cunha estrela de catro puntas no centro da franxa branca.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Guinea Ecuatorial en Flags of the World

Guinea Ecuatorial Categoría:Símbolos de Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial