Cundinamarca é un departamento de Colombia. Ten como capital a Bogotá. Atópase no centro do país, na rexión andina, limitando polo norte con Boyacá, polo leste con Casanare, polo sur con Meta e Huila, polo oeste con Tolima e Caldas, e co distrito capital de Bogotá ó que engloba agás pola fronteira sur deste. Cobre 23.960 km² e ten 2 800 000 habitantes (2018), sendo o terceiro departamento máis poboado, por detrás de Antioquia e Valle del Cauca. Con 111 hab/km², é o sétimo máis densamente poboado, por detrás de San Andrés e Providencia, Atlántico, Quindío, Risaralda, Valle del Cauca e Caldas.

Divídese en 116 municipios distribuídos en 15 provincias e o distrito da capital. Foi creado o 5 de agosto de 1886 baixo a constitución de dito ano.

Demografía

Composición étnica Mestizos e brancos (96,29%) Afrocolombianos ((3,37%) Indíxenas (0,34%)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cundinamarca Categoría:Departamentos de Colombia