Os aborixes australianos son, xunto cos insulares do estreito de Torres, os descendentes dos primeiros habitantes do continente australiano e as súas illas adxacentes. Segundo a lexislación australiana, ámbolos dous pobos constitúen o conxunto dos pobos indíxenas do país. O territorio tradicional dos aborixes esténdese por toda Australia, Tasmania e as Illas do estreito de Torres. Dende 1988, no día do bicentenario de Australia, moitos deles rexeitaron o nome "aborixe" (do latín ab origen que define ós autóctonos dun poboamento)O termo era usado polos romanos para referirse ós poboadores indíxenas da península itálica: Conspiracy of Catiline (Bellum Catilinae), ch. 6. e prefiren o termo koori (o noso pobo, en moitas linguas aborixes), xa que o termo adquiriu connotacións negativas e ten reminiscencias do pasado colonial."UNSW guide on How to avoid Discriminatory Treatment on Racial of Ethnic Grounds". Infonet.unsw.edu.au. Consultado o 9 de agosto de 2009. Dende os anos 80 está a coller forza o termo "indíxena australiano" por ser máis inclusivo.

Distínguense dous tipos de aborixes australianos, os do continente e Tasmania e os das Illas do estreito de Torres. Estes últimos son considerados diferentes porque tanto lingüisticamente como cultural e fisicamente seméllanse máis ós melanesios de Nova Guinea. A poboación de indíxenas Australianos no momento de colonización permanente Europea estimouse entre uns 318 000 e 1 000 000, cunha distribución semellante á da poboación actual de Australia, na que a maioría vive no sueste do continente.

Segundo o censo de 2021, os dous grupos de aborixes sumaban 984.000 persoas, representando o 3,8% da poboación australiana.

Terminoloxía Indíxenas australianos miniatura|dereita|Homes da Illa Bathurst, 1939. A pesar de que os indíxenas australianos son vistos como amplamente relacionados como parte da que foi chamada "raza australoide", hai diferenzas significativas nos costumes sociais, culturais e lingüísticos entre os aborixes e os Insulares do estreito de Torres. De feito, o termo "aborixe australiano" só incluiría ós autóctonos de Australia e Tasmania e o termo "indíxenas australianos" acollería tamén ós autóctonos das Illas do estreito de Torres. A palabra aborixe foi usada en Australia para describir ós seus pobos indíxenas xa en 1789. Logo chegou a ser capitalizada e utilizada como nome común para referirse a tódolos australianos indíxenas.

Grupos rexionais

300px|miniatura|dereita|Mapa das zonas culturais aborixes australianas antes da chegada dos europeos. Existen máis de 400 pobos indíxenas australianos, con cadanseus trazos culturais diferenciados e unha localización xeográfica propia."Aboriginal truth and white media: Eric Michaels meets the spirit of Aboriginalism" , The Australian Journal of Media & Culture, vol. 3 no 3, 1990. Consultado o 4 de agosto de 2012. Normalmente son identificados polo nome da súa lingua ou pola palabra pola cal se autonomean. Entre estes grupos inclúense:

Koori (ou Koorie) en Nova Gales do Sur e Victoria Ngunnawal no Territorio da Capital Australiana e os arredores de Nova Gales do Sur Murri en Queensland e algunhas zonas do norte de Nova Gales do Sur Murrdi no suroeste e centro de Queensland Nyungar no sur de Australia Occidental Yamatji no centro de Australia Occidental Wangai en Australia Occidental Nunga no sur de Australia Anangu no norte de Australia do Sur e áreas veciñas de Australia Occidental e o Territorio do Norte Yapa no oeste do Territorio do Norte Yolngu no leste de Terra de Arnhem Tiwi nas Illas TiwiTiwi Islands Shire Council. Consultado o 4 de agosto de 2012. na Terra de Arnhem Anindilyakwa en Groote Eylandt na Terra de Arnhem Palawah (ou Pallawah) en Tasmania.

Estes grupos pódense subdividir á súa vez en grupos máis pequenos, por exemplo, anangu (que designa a unha persoa da rexión do deserto central de Australia) recoñece subdivisións localizadas como pitjantjatjara, yankunytjatjara, ngaanyatjarra, luritja e antikirinya.

Tasmania

miniatura|dereita|220px|Robert Hawker Dowling, Group of Natives of Tasmania, 1859. Os aborixes tasmanianos son os indíxenas da illa da Tasmania en Australia. Entre os anos 1803 e 1833, a poboación de aborixes tasmanianos foi reducida dunha estimación de 5 000 persoas a só preto de 300, principalmente debido ós conflitos cos colonizadores británicos e polas doenzas introducidas por estes. Unha das derradeiras aborixes tasmanianas foi Truganini, que morreu en 1876. Porén, existen moitas persoas descendentes de aborixes tasmanianos nas que perduran algúns aspectos da súa cultura tradicional.

Insulares do estreito de Torres

miniatura|Illas do estreito de Torres Os Insulares do estreito de Torres posúen unha herdanza cultural e historia distinta das tradicións aborixes. Os que viven na área leste do Estreito de Torres, están relacionados cos pobos de Papúa-Nova Guinea, e falan unha lingua papúa. Así pois, non son xeralmente incluídos baixo a denominación "aborixes australianos". Este foi outro factor para a promoción do máis inclusivo termo "indíxenas australianos". O 6% dos indíxenas australianos identifícase plenamente como Insular do estreito de Torres. Outro 4% dos indíxenas australianos identifícase tendo herdanza mixta aborixe e do estreito de Torres.Aboriginal and Torres Strait Islander population, Australian Bureau of Statistics 2004. Consultado o 21 de xuño de 2007.

As Illas do Estreito de Torres comprenden máis de 100 illasPlaces – Torres Strait Islands sitio web da ABC Radio Australia , 2005. Consultado o 21 de xuño de 2007. que foron anexionadas por Queensland en 1879. Eddie Mabo foi un insular do estreito de Torres que loitou polos dereitos de propiedade das terras dos indíxenas australianos. En 1992 viuse implicado no famoso Caso Mabo contra Queensland.

Negro O termo "negro" foi moitas veces aplicado a indíxenas australianos. A pesar de seren descendentes de antigos inmigrantes africanos,"Aboriginal Australians descend from the first humans to leave Africa, DNA sequence reveals" , Biotechnology and Biological Sciences Research Council (BBSRC). débese máis á súa fisionomía superficial que á etnoloxía, que clasifica os indíxenas australianos entre outros negros en Asia e África, mentres en termos xenéticos os dous grupos son moi diferentes. Na década de 1970, moitos activistas aborixes, como Gary Foley estaban orgullosos do emprego do termo, e o escritor Kevin Gilbert escribiu o libro Living Black que foi moi innovador para a época. No libro, incluíanse entrevistas con membros activos na cultura aborixe como Robert Jabanungga.

Historia Australia aborixe

miniatura|dereita|300px|Obra que representa o primeiro contacto que tiveron os gweagal co Capitán James Cook e a súa tripulación nas costas de Nova Gales do Sur. A meirande parte dos estudosos sitúa a chegada dos seres humanos a Australia hai entre 40 000 e 50 000 anos, cunha marxe de até 125 000 anos atrás."When did Australia's earliest inhabitants arrive?", University of Wollongong, 2004. Consultado o 6 de xuño de 2008. Os primeiros restos humanos modernos atopados en Australia (e fóra de África) son os do Home de Mungo que están datados cunha antigüidade de 42 000 anos. A comparación do ADN mitocondrial do esqueleto coñecido como Lago Mungo 3 (LM3) cos dos antigos e modernos aborixes, indicou que o Home de Mungo non está relacionado cos aborixes australianos. Os resultados indican que o Home de Mungo era unha subespecie extinta que diverxeu antes do antepasado común máis recente dos humanos contemporáneos.The spread of people to Australia Australian Museum.Forum Abstract, critiques and authors response. O ADN de LM3 só sobrevive nos humanos modernos como un segmento que se atopa no cromosoma 11.

En xeral, existe a crenza de que os aborixes son os descendentes dunha migración única no continente que se separou das primeiras poboacións humanas ó saír de África hai 64 000-75 000 anos,Aboriginal culture one of world's oldest, Australian Geographic, 23 de setembro de 2011. aínda que unha minoría propón que houbo tres ondas migratorias.Keith Windschuttle and Tim Gillin, Quadrant Magazine, June 2002: The extinction of the Australian pygmies. Seguramente se tratase dunha migración en barco que aproveitaría o baixo nivel do mar naqueles tempos.

Os pobos aborixes vivían principalmente como cazadores-recolectores que se valían do que lles ofrecía a terra.Australia's Megafauna Coexisted With Humans. ScienceDaily. 31 de maio de 2005. A sociedade aborixe era relativamente nómade ou seminómade debido ós cambios de dispoñibilidade dos alimentos e o transcorrer das estacións. O modo de vida e a cultura material variaba moito dunha rexión a outra. A maior densidade de poboación situábase nas rexións do sur e leste do continente, sendo particularmente alta no val do río Murray.Pardoe, C: "Becoming Australian: evolutionary processes and biological variation from ancient to modern times", Before Farming 2006, artigo 4, 2006.

Estímase que no momento do primeiro contacto europeo, o mínimo absoluto de poboación aborixe en 1788 era de 315 000 persoas,1301.0 – Year Book Australia, 2002 Australian Bureau of Statistics, 25 de xaneiro de 2002. mentres que os últimos descubrimentos arqueolóxicos suxiren que unha poboación de 750 000 persoas puido ter sido sostida.Population Distribution, Migration and Climate Change in Australia: An Exploration NCCARF, marzo de 2012. Outros académicos cren posible unha estimación dun millón de persoas.– Prehistoric Australian Aboriginal populations were growing Cosmos Magazine 11 de maio de 2011. A poboación dividiuse en 250 nacións independentes, moitas das cales estaban en alianza con outras. Dentro de cada nación existían varios clans, que podían ser de tan só cinco ou seis membros chegando a grupos de trinta ou corenta. Cada nación tiña a súa lingua propia e unhas poucas tiñan varias.

Dende a colonización británica miniatura|dereita|300px|Grupo de wurundjeri asinando o Tratado de Batman, 1835. A colonización británica de Australia comezou coa chegada do First Fleet na baía Botany no ano 1788. Xurdiu controversia sobre unha consecuencia inmediata da colonización británica, é dicir, ondas de enfermidades epidémicas europeas como sarampelo, varíola e tuberculose. Estudosos como Noel Butlin teñen asignado o gromo de vexigas de 1789 ós colonos europeos. Esta teoría foi impugnada en base a que os pescadores de Makassar e Célebes do Sur puideron ter introducido a varíola en Australia antes que os colonos europeos. Por algún tempo, unha epidemia de varíola que algúns escritores como Judy Campbell asocian aos habitantes de MakassarJudy Campbell: Invisible invaders. 2002, ISBN 0-522-84939-3. tamén foi atribuída ós colonos brancos.Aboriginal People and Place. Cityofsydney.nsw.gov.au (26 January 1938). Consultado o 25 de setembro de 2010.History. Blackwell-p.schools.nsw.edu.au. Consultado o 25 de setembro de 2010.Infobase. Hi.com.au. Consultado o 25 de setembro de 2010. No século XIX, a varíola era a principal causa de morte dos aborixes australianos. Estímase que acabou coa vida do 90% da poboación darug en 1789. Porén, revisións posteriores como as que fixeron Christopher Warren (2007)Warren C., "Could First Fleet smallpox infect Aborigines? – A note", Aboriginal History 31, pp 152–164. http://www.scribd.com/doc/49665744/Warren-AbHist31-2007 e Craig Mear (2008), demostraron que a epidemia de varíola de 1789 foi probablemente causada por fontes británicas do virus importado coa First Fleet. Perante isto, este tema aínda non está resolto debido ás recentes contribucións do programa da Okham's Razor e a revista Quadrant que continuaron a investigar o caso.Véxase Letters sección Quadrant, Abril, xullo e agosto de 2011.

250px|miniatura|esquerda|Traballadores dunha granxa do Protectorado de Victoria en 1858.