A bandeira de Benín foi orixinalmente adoptada en 1959 e substituída en 1975. O 1 de agosto de 1990, foi restaurado o actual deseño trala caída do réxime comunista. O deseño está composto por tres franxas coas cores panafricanas: a vertical xunto ao pau é de cor verde e representa a esperanza, a amarela superior horizontal á abundancia e a vermella inferior á coraxe.
Entre 1975 e 1990, a bandeira empregada constaba dun fondo verde cunha estrela vermella na esquina superior esquerda, como símbolo do povo revolucionario.
Bandeiras históricas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Benín en Flags of the World
Benín Categoría:Símbolos de Benín Benín