Gallaecia fulget é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 1995 en Galiza, nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende. É unha composición temática, encargo da Universidade de Santiago de Compostela para a exposición conmemorativa dos 500 anos da súa fundación . Dividida en catro movementos, o cuarto é unha suite de temas tradicionais galegos. Milladoiro conta neste álbum coa colaboración de voces solistas, coros de canto gregoriano e pandeireteiras. Foi lanzado no mercado xaponés pola editorial Marquee/Belle Antique.
Lista de cancións A Xénese (música para o Colexio de Santiago Alfeo)
O Debate (música para a Igrexia da Universidade)
A nostalxia (música para a casa da Troia)
O presente (música para San Martiño Pinario)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo
Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Milladoiro