Breogán Pereiro Pérez, nado en Ourense o 16 de febreiro de 1988, é un futbolista e deseñador de moda galego.

Traxectoria

Irmán do tamén futbolista Moisés Pereiro, formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, Villarreal CF e Real Murcia, un accidente de tráfico obrigouno a regresar a súa cidade natal para recuperarse, onde comezou a xogar co Antela FC de Xinzo. En 2008 fichou polo CD Ourense co que disputou esa temporada. En 2009 fichou polo extinto Cidade de Santiago pero non rematou a tempada e deixou temporalmente o fútbol. Ao ano seguinte (2010) fichou polo Santa Comba FC, que tamén deixou para proseguir os seus estudos de moda en Turín. En 2011 foi fichado en Italia polo equipo congolés FC Saint Éloi Lupopo, de Lumbumbashi, que xoga na división de honra do seu país.

Como deseñador de moda formouse en Galicia e en Italia, e ata 2011 o seu éxito maior fora a participación nun desfile de importancia a nivel galego, o Felicidad Duce de Allariz.

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores da SD Ciudad de Santiago Categoría:Xogadores do Santa Comba FC Categoría:Xogadores do FC Saint Éloi Lupopo Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes