Xavier Bóveda Pérez, nado en Gomesende o 31 de xaneiro de 1898 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1963, foi un xornalista, conferenciante, poeta e escritor galego en lingua castelá. Fundou o semanario Mundo Español e a revista Síntesis. Entre as súas publicacións destacan El madrigal de las hermosas e El perfecto optimista.

Traxectoria O seu pai morreu prematuramente. Xavier foi mozo de café, repartidor de periódicos e tipógrafo en El Diario de Orense. Admirador de Emilio Carrere Moreno, marchou a Madrid, onde entrou no círculo de galegos ilustres (como Basilio Álvarez, Roberto Nóvoa Santos ou o cacique Gabino Bugallal). Regresou a Ourense e formou parte do cenáculo ourensán.. En 1917 volveu a Madrid, onde asinou o manifesto ultraísta. En 1923 emigrou a Buenos Aires onde colaborou en Hogar Gallego, Caras y Caretas e La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Foi un destacado conferenciante.

En 1936 comezou unha carreira teatral. En 1963 viu de xira promocional a España, morrendo dun ataque ao corazón nunha pensión madrileña. miniatura|En Vida Gallega, 1924. Era curmán dos medio irmáns de Eduardo Blanco Amor, con quen tiña boa relación.

Obras miniatura|Alfredo Palacios con Xavier Boveda. El madrigal de las hermosas: semblanzas de mujeres orensanas, 1917. Epistolario romántico y espiritual, rosario lírico y otros poemas, 1917. Con prólogo de Couceiro Freijomil. Los poemas de los pinos, 1922. La luna, el alma y la amada. (Intermezzo lírico)., 1922.Ilustrado por Cándido Fernández Mazas. De los pazos gallegos. Versos de miedo y de superstición, 1922. Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio, 1923. Penumbras, 1923, Buenos Aires, en "La novela semanal". Los motivos eternos. Poemas. Buenos Aires: La Facultad, 1927. Tierra nativa: emociones. Buenos Aires, La Facultad, 1928. La esencia de lo español y otros temas. Buenos Aires, Cabaut, 1929. Humanismo español (Significación histórica y cultural de España). Buenos Aires: Editorial Mundo Español, 1934. Integración del hombre: poemas en profundidad. Buenos Aires, Araujo Hnos., 1934. Tertulias literarias. Buenos Aires, imp. Araujo Hnos., 1935. Caos. Acción de nuestro tiempo en tres actos y diez cuadros. Buenos Aires: Ediciones Anaconda, 1938. Acerca del teatro. Ensaio inédito depositado na RAG. Cartas a una mujer. Buenos Aires, El Ateneo, 1943. Tierra dura. Buenos Aires, El Ateneo, 1943. Galicia madre. Buenos Aires: El Ateneo, 1944. Comedia en tres actos. Estreada no Teatro Maravillas de Buenos Aires en 1939. Gamas verdes. 1962, inédito. El santo y el poeta. 1962, inédito. El perfecto optimista, 1945, inédito. Laura busca un amante. Un honrado padre de familia. Buenos Aires: El Ateneo, 1948. miniatura|300px|Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956. Póstumas Antología poética de Xavier Bóveda, 1970 (publicado en Buenos Aires nunha edición de Néstor Astur Fernández). Vida persoal

Casou en Buenos Aires con Juana Fernández Pinto o 25 de setembro de 1925.Céltiga, 19, 10-10-1925, p. 15. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cenáculo ourensán Manifesto ultraísta Ligazóns externas , Eduardo. "Xavier Bóveda Pérez" Diccionario biográfico español. Real Academia de la Historia . , Luís; , Carmen e , María (2002). Xavier Bóveda. Belezas locais, bohemia e aventura emigrante CCG. ISBN 84-95415-60-7. , Lois. "Personaxes da emigración. Xavier Bóveda Pérez" Enciclopedia da emigración galega.

Categoría:Xornalistas de Gomesende Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Gomesende Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Finados por doenza Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega