Alejandro Villa, chamado artisticamente Jandro Villa, nado en Vigo en 1982, é un deseñador de moda galego.
Traxectoria Formado en Pontevedra e na Universidade de Finlandia Occidental, en 2011 obtivo o Premio Nacional de Moda para os Deseñadores Novos, que organiza unha asociación profesional do sector. Colaborou na organización de festivais de promoción de novos creadores, como Vigo Transforma (2011) e a comezos do ano 2012 realizou a súa primeira exhibición de moda de carácter internacional en París, o salón Who´s Next, dedicado á moda de prêt-à-porter. Traballa tecidos coma o poplín e o tergal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Conta persoal en Twitter.
Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes