Envisat (acrónimo de Environmental Satellite) é un satélite artificial da ESA lanzado o 1 de marzo de 2002 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.

Características Envisat está adicado a estudar a superficie terrestre, a atmosfera, o xeo e os océanos e as interaccións entre eles, o quentamento global, o burato da capa de ozono e a desertificación usando dez instrumentos que fan medicións e toman imaxes nunha ampla banda do espectro electromagnético, desde radiofrecuencia ata o ultravioleta.

A alimentación eléctrica é proporcinada por un panel solar de 4 x 12 metros e que produce unha potencia de ata 6,5 kW. O satélite leva a bordo tres grabadoras de cinta para almacenar datos, de 30 Gbits de capacidade cada unha, e unha grabadora de estado sólido de 60 Gbits de capacidade. As comunicacións teñen lugar nas bandas X e Ka a taxas de ata 100 Mbits/s.

Instrumentos Envisar leva dez instrumentos a bordo:

ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética que funciona con feixes a 5,33 GHz e proporciona imaxes cunha resolución menor a 30 metros en franxas cun ancho de máis de 100 km. GOOS (Global Ozone Monitoring by Occultation of Stars): mide o ozono atmosférico e outros gases traza en alturas de entre 20 e 100 km mediante a observación a través da atmosfera dunha entre 25 estrelas posibles e medindo o seu espectro en diferentes bandas para cuantificar a absorción que os gases atmosféricos producen no mesmo. MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer): espectrómetro adicado a observar a pigmentación e vexetación oceánicas e a nubosidade sobre os mares na banda entre 390 e 1040 nanómetros. Usa cinco cámaras e o ancho da franxa que observa é de 1150 km. MIPAS (Michelson Interferometer for Passive Atmospheric Sounding): interferómetro de transformada de Fourier para medir vinte gases traza, entre eles CFC e óxidos de nitróxeno, mediante a súa emisión na franxa entre 4,15 e 14,6 micrómetros. RA-2 (Radar Altimeter 2): radar e altímetro que funciona cunha potencia de 160 vatios e a unhas frecuencias de 13,57 GHz e 3,2 GHz. Mide as alturas de terras e océanos cunha precisión de 4 cm. MWR (MicroWave Radiometer): radiómetro para medi-la humidade atmosférica. Traballa a unhas frecuencias de 28,8 e 36,5 GHz. LRR (Laser Retro-Reflector): reflicte pulsos láser emitidos desde estacións terrestres para proporcionar información sobre a altura do satélite. AATSR (Advanced Along Track Scanning Radiometer): radiómetro usado para medi-las temperaturas superficiais dos océanos cunha precisión de 0,5 K. DORIS (Doppler Orbitography and Radio-positioning, Integrated by Satellite): receptor usado para a determinación precisa da órbita mediante a medición do efecto Doppler en transmisións desde bases terrestres de microondas a lonxitudes de onda de 2,036 GHz e 401,25 MHz. Con este método a posición do satélite pódese establecer cunha precisión de 1 metro e a súa velocidade cunha precisión de 2,5 mm/s. SCIAMACHY (SCanning Image Absorption spectroMeter for Atmospheric CartograpHY): usado para analizar radiación emitida e dispersada pola estratosfera e a troposfera na banda entre 240 e 2400 nm a través de oito canais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Envisat na ESA

Categoría:Satélites artificiais