miniatura|dereita|Asociación benéfica: a maravalla protexe os tomates dos ataques parasitarios. A maravalla (Calendula officinalis), tamén coñecida como caléndula, é unha planta do xénero Calendula. Era usada na Grecia, Roma, Arabia e a India antigas como planta medicinal, como colorante téxtil, colorante alimentario e en cosméticos.

As follas e pétalos da maravalla son comestíbeis, de modo que os pétalos se adicionan aos pratos como gornición en substitución do sasafrán. As follas poden ser doces mais son xeralmente amargas, e poden usarse nas ensaladas.

Trátase dunha planta bastante cultivada e medra facilmente en lugares soalleiros na maioría dos solos.

Farmacoloxía A Calendula officinalis úsase no tratamento de problemas da pel e da dor, como bactericida, antiséptico e antiinflamatorio. Os pétalos e o pole conteñen ésteres triterpenoides (antiinflamatorio) e os carotenoides flavoxantina e auroxantina (antioxidantes e orixe da coloración amarelo-laranxa). As follas e os caules conteñen outros carotenoides, sobre todo luteína (80%) e zeaxantina (5%) e betacaroteno. Os extractos da planta tamén son moi usados nos cosméticos, presumibelmente debido á presenza de compostos como saponinas, resinas e aceites esenciais.

A maravalla é unha planta que, desde 2009, foi recoñecida polo Ministerio da Saúde do Brasil como posuidora de propiedades fitoterápicas.

Alén diso, a caléndula está presente na fórmula dalgúns xampús para cabelos claros, pois sábese que o extrato desa planta contén, así como a camomila e a macela, un pigmento amarelo responsábel por acentuar a cor dos cabelos de tons castaño claro a louro dándolles reflexos dourados de forma natural e gradual.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flores Categoría:Calendula Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné