Joseph Losey, nado en La Crosse (Wisconsin) o 14 de xaneiro de 1909 e finado en Londres o 22 de xuño de 1984, foi un director de cine estadounidense.

Traxectoria Procedente dunha importante familia, estudou medicina pero abandonou a carreira para estudar a de letras. A súa inclinación artística comeza durante a década dos 30 frecuentando a Graduate School of Art and Sciencies, desenvolvendo numerosas actividades, tanto no campo periodístico e radiofónico como no teatral. Neste último medio alcanzou prestixio, sendo o responsable dalgúns espectáculos colaborando con Bertolt Brecht e trasladándose a Rusia para estudar técnicas teatrais. A finais dos anos 30 comenza a ter os seus primeiros contactos co cine, realizando algúns traballos para a administración estadounidense e longametraxes de carácter educativo. En 1948 dirixiu a súa primeira longametraxe O rapaz dos cabelos verdes para a RKO. En 1952 como moitos dos seus coetáneos foi vítima da política do senador Joseph McCarthy ao ser acusado de manter actividades antiamericanas. Emigrou a Inglaterra, onde logo de traballar con varios pseudónimos, entre eles o de Joseph Walton, Victor Hanbury ou Andrea Forzano, decidiu instalarse definitivamente e proseguir a súa carreira cinematográfica. Empezou a obter recoñecemento crítico a partir da súa exitosa colaboración co dramaturgo Harold Pinter en tres películas: a súa obra mestra The Servant (1963); Accident (1967); e O mensaxeiro (1970), película que obtén a Palma de Ouro en Cannes.

Filmografía 1985: Vapor 1982: La truite 1980: Boris Godunov 1979: Don Giovanni 1978: Las rutas del sur 1976: O señor Klein 1975: A inglesa romántica 1975: Galileo 1973: A Doll's House 1972: O asasinato de Trotsky 1970: O mensaxeiro 1970: Figures in a Landscape (como Joseph Walton) 1968: Ceremonia secreta 1968: Boom 1967: Accident 1966: Modesty Blaise 1964: King & Country 1963: The Servant 1963: The Damned 1962: Eva 1960: The Criminal 1959: Blind Date 1959: First on the Road 1958: The Gypsy and the Gentleman 1957: Time Without Pity 1956: The Intimate Stranger (como Joseph Walton) 1955: A Man on the Beach 1954: The Sleeping Tiger (como Victor Hanbury) 1952: Imbarco a mezzanotte (como Andrea Forzano) 1951: The Big Night 1951: M 1951: The Prowler 1950: The Lawless 1948: O rapaz dos cabelos verdes 1947: Leben des Galilei 1945: A Gun in His Hand 1941: A Child Went Forth 1941: Youth Gets a Break 1939: Pete Roleum and His Cousins

Véxase tamén

Bibliografía Joaquín Vallet, Joseph Losey, Cátedra, 2010.

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Lista negra de Hollywood