A Categoría Primera A é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa en Colombia, organizada pola División Mayor del Fútbol Colombiano "Dimayor", que pertence á Federación Colombiana de Fútbol.
A primeira edición do campionato colombiano disputouse no ano 1948, composta por 12 equipos; con 2 equipos de Bogotá, 2 de Cali, 2 de Medellín, 2 de Manizales, 1 de Barranquilla e 1 de Pereira; resultando campión o Santa Fe CD de Bogotá. Dende 1948 até 2023 15 clubs teñen acadado polo menos 1 título de campión, sendo os máis laureados o Atlético Nacional de Medellín, con 17 títulos, o Millonarios de Bogotá, con 16 títulos, e o América de Cali con 15 títulos. O actual campión é o Millonarios.
Dende 2002 dispútanse dous torneos por tempada, Apertura e Finalización, saíndo dous equipos campións cada ano. Cada torneo componse por unha tempada regular de 18 xornadas, nas que cada equipo enfróntase unha vez cos outros 17, mais un encontro extra de rivalidade rexional. Trala tempada regular os 8 primeiros equipos da táboa clasificatoria dispútanse o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias polo título parten da rolda de cuartos de final, e son a ida e volta, incluída a propia final.
Os equipos campións do torneo Apertura e do torneo Finalización, así como o restante equipo que máis puntos acada na suma dos 2 torneos, teñen dereito a disputar a Copa Libertadores no ano seguinte.
A representación dos equipos da liga colombiana na máxima competición continental ó longo da historia foi pouco salientable. Dende 1960 até 2016 houbo 10 finais da Copa Libertadores con presenza de equipos desta liga, das cales só 3 remataron coa vitoria colombiana, en 1989 e 2016 (Atlético Nacional), e 2004 (Once Caldas).
Equipos 2012 270px|miniatura|dereita|Estadio Pascual Guerrero de Cali. 250px|miniatura|dereita|Estadio Nemesio Camacho en Bogotá. Na táboa de equipos que participarán polo título do torneo Apertura 2012 cabe salientar a ausencia do CD América, que descendeu de categoría en 2011. EquipoCidadeEstadioCapacidadeAtlético HuilaNeivaEstadio Guillermo Plazas Alcid27.000Atlético NacionalMedellínEstadio Atanasio Girardot40.943Boyacá ChicóTunjaEstadio de La Independencia20.000Cúcuta DeportivoCúcutaEstadio General Santander45.000Deportes QuindíoArmeniaEstadio Centenario20.716Deportes TolimaIbaguéEstadio Manuel Murillo Toro31.000Deportivo CaliCaliEstadio Deportivo Cali55.000Deportivo PastoPastoDepartamental Libertad27.380Envigado FCEnvigadoEstadio Polideportivo Sur14.000Independiente MedellínMedellínEstadio Atanasio Girardot40.943Itagüí DitairesItagüíEstadio Metropolitano Ciudad de Itagüí12.000JuniorBarranquillaEstadio Metropolitano Roberto Meléndez46.788La EquidadBogotáEstadio Metropolitano de Techo10.000MillonariosBogotáEstadio Nemesio Camacho El Campín36.343Once CaldasManizalesEstadio Palogrande28.678PatriotasTunjaEstadio de La Independencia20.000Real CartagenaCartaxenaOlímpico Jaime Morón León16.068Santa FeBogotáEstadio Nemesio Camacho El Campín36.343 Palmarés Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga colombiana de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club. No caso de igual número de campionatos obtidos, vai en primeiro lugar o equipo con máis subcampionatos. Así, Deportivo Cali ten 14 subcampionatos, mentres Santa Fe ten 7. Nº TítulosEquipoCampionatos obtidos 18 20px|Medellín Atlético Nacional 1954, 1973, 1976, 1981, 1991, 1994, 1999, Ap-2005, Ap-2007, Fi-2007, Ap-2011, Ap-2013, Fi-2013, Ap-2014, Fi-2015, Ap-2017, Ap-2022, Fi-2024 16 20px|Bogotá Millonarios 1949, 1951, 1952, 1953, 1959, 1961, 1962, 1963, 1964, 1972, 1978, 1987, 1988, Fi-2012, Fi-2017, Ap-2023 15 20px|Cali América de Cali 1979, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1990, 1992, 1996/97, 2000, 2001, Ap-2002, Fi-2008, Fi-2019, 2020 11 20px|Barranquilla Junior 1977, 1980, 1993, 1995, Fi-2004, Ap-2010, Fi-2011, Fi-2018, Ap-2019, Fi-2023, Fi-2025 10 20px|Cali Deportivo Cali 1965, 1967, 1969, 1970, 1974, 1995-96, 1998, Fi-2005, Ap-2015, Fi-2021 10 20px|Bogotá Santa Fe 1948, 1958, 1960, 1966, 1971, 1975, Ap-2012, Fi-2014, Fi-2016, Ap-2025 6 20px|Medellín Independiente Medellín 1955, 1957, Fi-2002, Ap-2004, Fi-2009, Ap-2016 4 20px|Manizales Once Caldas 1950, Ap-2003, Ap-2009, Fi-2010 3 20px|Ibagué Deportes Tolima Fi-2003, Ap-2018, Ap-2021 1 20px|Pasto Deportivo Pasto Ap-2006 1 20px|Armenia Deportes Quindío 1956 1 20px|Cúcuta Cúcuta Deportivo Fi-2006 1 20px|Santa Marta Unión Magdalena 1968 1 20px|Tunja Boyacá Chicó Ap-2008 1 20px|Pereira Deportivo Pereira Fi-2022 1 20px|Bucaramanga Atlético Bucaramanga Ap-2024
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da División Maior do Fútbol Colombiano
Categoría:Ligas de fútbol de Colombia Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de América do Sur