Il pirata (en galego, O pirata) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani, a partir dunha tradución francesa da obra tráxica Bertram, or The Castle of Saint Aldobrand de Charles Maturin, a pesar de que o seu título foi tomado, presumiblemente, da novela The Pirate, de Walter Scott. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 27 de outubro de 1827.
A obra orixinal ten sido comparada coa ópera de Bellini e se destacou a influencia de Il Pirata en Lucia di Lammermoor de Gaetano Donizetti.Stephen A. Willier, "Madness, the Gothic, and Bellini's Il pirata". The Opera Quarterly, 6, 7-23 (1989). Tamén se analizou a forma en que Bellini reciclou música propia nesta ópera, así como o seu emprego dun "estilo compositivo máis conscientemente innovador" e a súa maior participación na elaboración do libreto, en comparación con esforzos precedentes onde mostraba unha maior deferencia cara aos libretistas elixidos polo empresario da ópera napolitana e os correspondentes textos.Mary Ann Smart, "In Praise of Convention: Formula and Experiment in Bellini's Self-Borrowings", Journal of the American Musicological Society, 53(1), pp. 25-68 (Primavera, 2000). Ademais, un comentario do século XIX observou a influencia musical de Il Pirata na ópera temperá de Richard Wagner Das Liebesverbot"Wagner on Bellini", The Musical Times and Singing Class Circular, 27(516), pp. 66-68 (1886).
Esta ópera, dunha considerable dificultade e moi poucas veces programada antes do renacemento belcantista da segunda metade do século XX, tense difundido gradualmente a través de gravacións realizadas por grandes divas. A recuperación de 'Il pirata débese á gravación que realizou Maria Callas en 1959, que aínda que severamente curtada, deu a coñecer a primeira ópera adulta de Bellini con tódalas súas belezas. Callas fixo un esforzo pra dar dignidade a unha gravación cun equipo vogal moi frouxo e un director que impulsaba á orquestra de xeito verdiano. Porén, na súa interpretación consérvase todo o que se puido salvar deste naufraxio, sobre todo a famosa aria Col sorriso d'innocenza, da cal existen outras gravacións da diva italiana.ALIER, Roger. Guia Universal de la ópera. Barcelona, 2007, Ediciones Robinbook. ISBN 978-84-96924-03-1
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase aparece con só 5 representacións para o período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 27 de outubro de 1827(Director: -)Ernesto, Duque de CaldorabarítonoAntonio TamburiniImogene, súa donasopranoHenriette Méric-LalandeGualtiero, anterior Conde de Montalto, agora piratatenorGiovanni RubiniItulbo, tenente de GualtierotenorLorenzo LombardiGoffredo, un ermitán, no pasado titor de GualtierobaixoPietro AnsilioniAdele, acompañante de ImogenesopranoMarietta SacchiUn neno, fillo de Imogene e Ernestopapel mudoPescadores e mulleres, piratas, cabaleiros, damas
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1827