miniatura|Salmonete (Mullus surmuletus) Os múlidos ( Mullidae ), coñecidos popularmente como barbos ou salmonetes, é unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes.
Características Corpo algo comprimido. Liña lateral ben aparente. Os ollos en posición alta, elevados sobre o perfil cefálico, abrupto. Recoñécense polas dúas longas barbas baixo o extremo anterior da mandíbula; estas barbas son móbiles e artelladas na base.
Teñen dúas aletas dorsais, curtas e separadas; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda unha espiña e 6-8 raios brandos. Anal curta, oposta á segunda dorsal, con 1-2 espiñas e o resto raios brandos; pectorais longas; pelvianas inseridas baixo a vertical da base das pectorais; caudal escotada.
Viven no fondo, comunmente en bancos numerosos, onde escavan na area e pedras soltas para comer os pequenos invertebrados enterrados.
Comprende especies de alta importancia económica e de carne moi saborosa. Poden alcanzar unha lonxifude máxima descrta de 60 cm.miniatura|300px|Banco de múlidos (Mulloidichthys flavolineatus)|centro Clasificación Comprende seis xéneros e 68 especies: Xénero Mulloidichthys (Whitley, 1929) Xénero Mullus (Linnaeus, 1758) Entre eles: Mullus barbatus (Linnaeus, 1758) (salmonte de lama) Mullus surmuletus (Linnaeus, 1758) (salmonete de rocha) Xénero Parupeneus (Bleeker, 1863) Xénero Pseudupeneus (Bleeker, 1862) Xénero Upeneichthys (Bleeker, 1855) Xénero Upeneus (Cuvier, 1829)
Véxase tamén
Categoría:Percoideos