Bernardo Rodríguez Ribeira, nado en San Xiao de Vea (A Estrada) o 8 de xaneiro de 1853 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1924, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Estudou no seminario de Santiago de Compostela, emigrou a Buenos Aires en 1874. Traballou de escribente nun almacén de coloniais de importación e foi tesoureiro-contador da Universidade Nacional de Buenos Aires. Foi presidente da Asociación protectora da Real Academia Galega en Buenos Aires. Colaborou en El Libredón, La Unión Gallega, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego.

Obras La Penitencia. "Tormenta en coche" (Almanaque Gallego, 1900). "Ir por lan..." (1904), publicado en Almanaque Gallego en 1905.Almanaque Gallego para 1905 pp. 96-98.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía na web do concello da Estrada

Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega