Os letrínidos ( Lethrinidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas tropicais do Indopacífico occidental, aínda que a especie Lethrinus atlanticus se estende pola costa de África occidental, incluído o Mediterráneo.

Características Corpo oblongo e comprimido. Unha aleta dorsal continua, con 10 espiñas e 8-10 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 8-10 radios brandos; as pectorais longas e afiadas; as pelvianas de inserción torácida, cunha espiña e 5 radios brandos; caudal fendida.

Son peixes carnívoros que se alimentan no fondo de mares costeiros, principalmente cerca dos arrecifes de coral; algunhas especies posúen fortes molares cos que trituran as cunchas dos moluscos.

Varias especies son hermafroditas protoxinos (é dicir, con inversión de sexo de femias a machos).miniatura|300px|Lethrinus harak|centro Clasificación Divídese en dúas subfamilias e cinco xéneros: Subfamilia Lethrininae: Xénero Lethrinus (CuvierDesam, 1829) Subfamilia Monotaxinae: Xénero Gnathodentex (Bleeker, 1873) Xénero Gymnocranius (Klunzinger, 1870) Xénero Monotaxis (peces) (Bennett, 1830 ) Xénero Wattsia (Chan e Chilvers, 1974)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos