Os ligamentos carpometacarpais dorsais son un conxunto de ligamentos do membro superior que reforzan o conxunto de articulacións do pulso pola parte dorsal ou posterior.

O segundo óso metacarpiano recibe dous feixes, un procedente do óso trapecio e outro do óso trapezoide.

O terceiro óso metacarpiano recibe outros dous, un procedente do óso trapezoide e outro do óso grande.

O cuarto óso metacarpiano tamén recibe dous, un do óso grande e outro do óso ganchudo.

O quinto óso metacarpiano recibe un feixe do óso ganchudo, que se estende ata a superficie anterior ou volar, constiuindo unha cápsula articular incompleta. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Ligamentos do membro superior