María del Pilar Sánchez Luque,Axesor nada en Coria del Río (Sevilla) o 28 de setembro de 1978 e coñecida artisticamente como Pastora Soler, é unha cantante española, famosa por combinar copla, flamenco e canción española con sons pop.

Traxectoria Pastora é unha artista precoz que empezou cantando coplas e cancións flamencas cando tan só tiña oito anos. En 1994 editou o seu primeiro traballo Nuestras coplas, un disco onde fixo as súas versións de grandes clásicos da canción española. O seu primeiro grande éxito non chegou ata o seu terceiro álbum Fuente de luna, cuxo primeiro single, Dámelo ya, logrou alzarse co número 1 na lista de vendas españolas.

En 2001 lanza ao mercado Corazón congelado, co que logrou consolidar o éxito alcanzado no seu anterior traballo. A canción que dá nome a este álbum é elixida entón como sintonía da Volta Ciclista a España de 2001. Tras moverse en sons máis dance no seu seguinte disco, Deseo, da man de Carlos Jean, Pastora cambia de discográfica e firma por Warner Música España. Con ela publicará os seus últimos traballos: Pastora Soler, Toda mi verdad e Bendita locura. En 2010, a cantante sevillana celebrou as súas 15 anos no mundo da música co lanzamento do seu primeiro traballo en directo, 15 años. Ao ano seguinte publicou o seu noveno álbum de estudio, Una mujer como yo.

Con noves discos de estudo no mercado, Pastora conseguiu 3 discos de platino e 4 discos de ouro. Ao longo da súa carreira, tamén recolleu importantes premios dentro do seu gremio como o Premio da Música ou o Micrófono de ouro. Entre as súas colaboracións atópanse artistas consolidados como Alejandro Sanz, Armando Manzanero, Malú, David Bustamante ou Miguel Poveda, entre outros moitos.

En decembro de 2011 foi designada por Televisión Española para representar a España no Festival de Eurovisión 2012, que se celebrou en Bakú, a capital de Azerbaidján.Pastora Soler representará a España en Eurovisión 2012 A sevillana acabou en décima posición coa súa canción Quédate conmigo.Pastora Soler termina décima en Eurovisión

En 2013 forma parte do xurado da segunda edición do programa musical El número uno de Antena 3.

Discografía Álbums de estudio 1996: El mundo que soñé 1999: Fuente de luna 2001: Corazón congelado 2002: Deseo 2005: Pastora Soler 2007: Toda mi verdad 2009: Bendita locura 2011: Una mujer como yo Álbums recompilatorios 2005: Sus grandes éxitos Álbums en DVD ou directo 2010: 15 años Outros 1988: Gracias, madre 1994: Nuestras coplas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Cantantes de España Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Coria del Río