Luisa Miller é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano (poeta e director de escena residente do Teatre San Carlo e que foi responsable da posta en escena da ópera na súa estrea), baseado na peza teatral Kabale und Liebe (Intriga e amor) de Friedrich von Schiller. Foi estreada o 8 de decembro de 1849 no Teatro San Carlo de Nápoles. Esta foi a 15ª ópera de Verdi, situada ao final do seu primeiro período compositivo. A aria máis gravada desta ópera é Quando le sere al placido de Rodolfo.
O crítico contemporáneo, Abramo Basevi consideraba a Luisa Miller como a ópera coa cal Verdi comezou a súa segunda etapa creativa.Gerald A. Mendelsohn. Verdi the Man and the Dramatist (II). 19th-Century Music, Vol. 2, No. 3. (Mar. 1979), pp. 214-230. A pesar de que esta opinión foi ámplamente aceptada durante moito tempo, actualmente a crítica adxudícalle a Macbeth este honor.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 8 de decembro de 1849Lista de cantantes tomada de Budden, p. 418(Director: - )Miller, un soldado retiradobarítonoAchille De BassiniLuisa, súa fillasopranoMarietta GazzanigaConde Walter baixoAntonio SelvaRodolfo, seu fillotenorSettimio MalvezziFederica, duquesa de Ostheim, sobriña de Walter mezzosopranoTeresa SalandriWurm, mordomo de WalterbaixoMarco AratiLaura, unha papaza da aldeamezzosopranoMaria SalvettiUn campesiñotenorFrancesco RossiDamiselas de Federica, paxes, parientes, arqueiros, habitantes da vila
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1849