Norma é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ou l'infanticide de Alexandre Soumet). Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 26 de decembro de 1831. É considerada un exemplo da suprema altura da tradición belcantista. "Casta diva" foi unha das arias máis coñecidas no século XIX.

A personaxe de Norma é considerado un dos máis difíciles do repertorio para soprano. Este papel foi creado para Giuditta Pasta, que tamén encarnou, por primeira vez, a personaxe Amina na ópera La sonnambula. No século XX poucas cantantes o podían interpretar con éxito, entre elas destacaron as interpretacións de Rosa Ponselle nos anos '20, Joan Sutherland e Maria Callas nos anos '50 e '60. Máis recentemente impúxose a interpretación da soprano catalá Montserrat Caballé.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea, 26 de decembro de 1831(Director: – )Norma, filla de Oroveso, suma sacerdotisa dos celtas sopranoGiuditta PastaAdalgisa, sacerdotisa no bosque da estatua de Irminsul soprano ou mezzosopranoGiulia GrisiPollione, procónsul romano na GaliatenorDomenico DonzelliOroveso, xefe dos druídasbaixoVincenzo NegriniClotilde, amiga de NormasopranoMarietta SacchiFlavio, compañeiro de PollionetenorLorenzo Lombardi

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Vicenzo Bellini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1831