Edgar Douglas Adrian OM PRS nado en Londres, Gran Bretaña, o 30 de novembro de 1889 e finado en Cambridge, Gran Bretaña, o 4 de agosto de 1977, foi un fisiólogo británico.
Traxectoria Estudou na Secundaria Westminster e aprobou ciencias naturais no Trinity College de Cambridge, licenciándose en medicina en 1915. Durante a primeira guerra mundial traballou no St Bartholomew's Hospital de Londres, tratando a soldados con desordes nerviosas. Volveu a Cambridge en 1919 e en 1925 comezou os seus estudos sobre os impulsos nerviosos nos órganos sensoriais humanos, demostrando a posibilidade de medir a corrente nas fibras nerviosas aplicando un amplificador.
Foi profesor do Royal College of Physicians (cátedra Sharpey, 1925), da Royal Society (cátedra Foulerton, 1929-1937) e da Universidade de Cambridge (cátedra de fisioloxía, 1937-1951). Desde 1951 foi director do Trinity College.
En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos relativos á función das neuronas e as células nerviosas motoras, premio que compartiu con Sir Charles Scott Sherrington.
En 1950 foi nomeado presidente da Royal Society.
Algunhas publicacións The Basis of Sensation, 1928. The Mechanism of Nervous Action, 1932. The Physical Basis of Perception, 1947.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do Instituto Nobel
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Nados en Camden Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Medalla Copley