Encélado é a sexta lúa máis grande do planeta Saturno.Planetary Body Names and Discoverers. Consultado o 22 de marzo do 2006. Foi descuberta no ano 1789 por William Herschel.Herschel, W.; Account of the Discovery of a Sixth and Seventh Satellite of the Planet Saturn; With Remarks on the Construction of Its Ring, Its Atmosphere, Its Rotation on an Axis, and Its Spheroidical Figure, Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Vol. 80 (1790), páx. 1–20

Encélado confirmou ter auga líquida baixo a súa codia de xeo de auga case puro, como amosan marcas que resaltan da análise dos datos de Cassini. Os criovolcáns do polo sur son capaces de emitir chorros de partículas de xeo de auga que acadan o espazo aberto. Moitos destes chorros de auga volven cara a superficie en forma de "neve", algunhas das partículas que acadan o espazo exterior acaban formando parte dos aneis de Saturno, mentres que outras acaban precipitándose cara ao planeta. Pénsase que a totalidade do anel E está composto de partículas de xeo procedentes de Encélado. Grazas a posible presenza de auga na superficie ou preto dela, Encélado podería ser un dos mellores sitios nos que a humanidade procure por vida extraterrestre. En contraste, a auga que se cre que hai na lúa de Xúpiter, Europa, estaría baixo unha grosa codia de xeo.

Antes de que as dúas sondas Voyager chegaran a Saturno, a comezos da década dos oitenta, pouco ou moi pouco se sabía deste pequena lúa agás da presenza de xeo na súa superficie. As Voyagers amosaron que o diámetro de era de só 500 km, só unha décima parte diámetro da lúa máis grande de Saturno, Titán, e reflicte practicamente toda a luz solar que golpea coa súa superficie. A Voyager 1 revelou que Encélado orbitaba no interior da parte máis densa do difuso anel E, indicando unha posible asociación entre ambos, mentres cá Voyager 2 revelou que a pesar do pequeno tamaño da lúa, esta tiña todo un rango de terreos, dende os terreos antigos moi craterizados ata as rexións con superficies moi novas, tectonicamente deformadas e con algunhas superficies de menos de 100 millóns de anos.

Comezando o ano 2005, e ata 2017, a sonda Cassini fixo ata 147 sobrevoos (23 a baixa altitude) sobre Encélado, amosando a súa superficie e o contorno da lúa con gran detalle. O achado máis notable foi o descubrimento de grandes chorros de auga que agroman no polo sur da lúa. Este achado, xunto co coñecemento que se posúe do escape de calor interno e a escaseza de cráteres de impacto na rexión do polo sur, indican que Encélado está xeoloxicamente activo. As lúas dos grandes planetas gasosos quedan moi a miúdo atrapadas en resonancias orbitais que forzan a estas lúas a ter libración ou unha excentricidade orbital que non posuían; a proximidade destas lúas ó planeta tamén pode levar ó seu quecemento interno debido ás mareas gravitatorias (en adición ós fenómenos anteriormente citados), ofrecendo así unha explicación á súa actividade xeolóxica.

Encélado é un dos tres corpos do Sistema Solar (exceptuando a Terra, xunto coa lúa de Xúpiter, Ío e a lúa de Neptuno, Tritón, nas cales se puideron observar erupcións activas. A análise da desgasificación suxire que esta debería ser orixinada nun corpo con auga líquida baixo a superficie, o que sumado á particular química observada nas plumas (chorros) dos criovolcáns, fai que se alimenten as especulación en torno a que Encélado podería ser un importante lugar para o estudo da astrobioloxía.Cassini Images of Enceladus Suggest Geysers Erupt Liquid Water at the Moon’s South Pole . Retrieved March 22, 2006. A descuberta da pluma volcánica engadiu peso ó argumento de que o material liberado por Encélado é a fonte do anel E de Saturno.

En maio do 2011, científicos da NASA na Enceladus Focus Group Conference informaron que Encélado "é o lugar do Sistema Solar nestes momentos con máis posibilidades de ter vida que non sexa a Terra".

Nome A lúa recibe o seu nome do xigante Encélado da mitoloxía grega. Coma Encélado, os nomes do sete primeiros satélites descubertos de Saturno, foron suxeridos polo fillo de William Herschel, John Herschel, na súa publicación do ano 1847: Results of Astronomical Observations made at the Cape of Good Hope.Tal coma informou William Lassell, Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 8, No. 3, páx. 42–43 14-01-1848 Escolleu eses nomes por que Saturno, que na mitoloxía grega está asociado con Cronos, era o líder dos Titáns.

Os nomes dos accidentes xeolóxicos de Encélado outorgados pola Unión Astronómica Internacional (UAI) proceden de personaxes e lugares da tradución de As mil e unha noites feita por Burton.Blue, J.; (2006) Categories for Naming Planetary Features. Consultado o 16-11-2006. Os cráteres de impacto reciben nomes de personaxes, mentres que outros accidentes xeolóxicos coma as fossae (longas e estreitas depresións), dorsa (escarpas), planitia (chairas), e sulci (sucos paralelos longos), teñen nomes de lugares. 57 accidentes xeolóxicos teñen nome oficial, 22 dos cales recibiron o seu nome en 1982 en base as observacións das Voyager, e outros 35 recibiron o seu nome no ano 2006, baseándose nos resultados das observación que levou a cabo a Cassini's no seu tres voos do ano 2005.Blue, J.; (2006); New Names for Enceladus , 13 November 2006. Consultado o 16-11-2006.

Exploración + Encontros previos da Cassini con EncéladoPlanetary Society, Cassini's Tour of the Saturn System . Consultado 0 31-03-2006.Cassini Solstice Mission: Saturn Tour Dates: 2011 . Saturn.jpl.nasa.gov. Consultado o 28-06-2011. Data Distancia (km) 17 de febreiro do 2005 1.264 9 de marzo do 2005 500 29 de marzo do 2005 64.000 21 de maio do 2005 93.000 14 de xullo do 2005 175 12 de outubro do 2005 49.000 24 de decembro do 2005 94.000 17 de xaneiro do 2006 146.000 9 de setembro do 2006 40.000 9 de novembro do 2006 95.000 28 de xuño do 2007 90.000 30 de setembro do 2007 98.000 12 de marzo do 2008 52 30 de xuño do 2008 84.000 11 de agosto do 2008 54 9 de outubro do 2008 25 31 de outubro do 2008 200 8 de novembro do 2008 52.804 2 de novembro do 2009 103 21 de novembro do 2009 1.607 28 de abril do 2010 103 18 de maio do 2010 201 13 de agosto do 2010 2.554 30 de novembro do 2010 48 21 de decembro do 2010 50 30 de xaneiro do 2011 60.000 20 de febreiro do 2011 68.000 13 se setembro do 2011 42.000 1 de outubro do 2011 99 19 de outubro do 2011 1.231 5 de novembro do 2011 496 23 de novembro do 2011 35.000 11 de decembro do 2011 20.000 miniatura|right|250px|Comparación entre os tamaños da Terra e Encélado. miniatura|right|Diapositiva 1: Vista dende a Voyager 2 (tomada o 26-08-1981) do hemisferio de Encélado que está cara Saturno. Os sucos da Samarkand Sulci corren verticalmente cara ao centro da imaxe; os cráteres Ali Baba (o de máis abaixo) e Aladdin están na esquina esquerda superior.

Encélado foi descuberta por Fredrick William Herschel o 28 de agosto de 1789, cando usaba por primeira vez o seu novo telescopio de 1,2 m, por aquela época era o telescopio máis longo do mundo.Herschel, W. (1795) Description of a Forty-feet Reflecting Telescope, Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Vol. 85, pp. 347–409 (reported by M. Arago (1871), Herschel , Annual Report of the Board of Regents of the Smithsonian Institution, pp. 198–223)Frommert, H.; and Kronberg, C.; William Herschel (1738–1822) . Consultado o 29 de maio de 2006 Herschel observara Encélado por primeira vez no ano 1787, pero no seu telescopio moito máis pequeno de 16,.5 cm, e por esa causa non puido recoñece-la lúa.Soylent Communications, William Herschel. Consultado o 29-05-2006 A súa feble magnitude aparente (+11,7m) e a súa proximidade a Saturno e os seus aneis, que son moito máis brillantes cá lúa, fai que Encélado sexa difícil de observar dende a Terra, precisando un telescopio cun espello de 15–30 cm de diámetro, cunha variación dependente das condicións atmosféricas e da contaminación lumínica. Coma outros satélites de Saturno foi descuberta antes da Era Espacial, Encélado foi observada por primeira vez durante o equinoccio de Saturno, cando os aneis de Saturno son vistos case de canto, o cal fai que se reduza o resplandor dos mesmo, facilitando así a observación das lúas do planeta.

Antes da chegada das Voyager, a visión do Encélado no mellorara moito do punto que observara Herschel por primeira vez. Só se coñecían as súas características orbitais, e unhas estimacións da súa masa, densidade e albedo.

As Voyager obtiveron as primeiras imaxes de preto de Encélado. A Voyager 1 foi a primeira en pasar preto de Encélado, a unha distancia de 202.000 km o 12 de novembro do ano 1980.Voyager Mission Description. Consultado o 29 de maio do 2006 As imaxes obtidas tiñan unha resolución moi pobre, pero amosaban unha superficie cunha alta refractividade e unha notoria escaseza de cráteres, o cal indicaba unha superficie nova.Terrile, R. J.; and Cook, A. F.; (1981); Enceladus: Evolution and Possible Relationship to Saturn's E-Ring. 12th Annual Lunar and Planetary Science Conference, Abstract 428 A Voyager 1 tamén confirmou que a lúa estaba situada no interior da parte máis densa do difuso Anel E. Isto combinado coa aparencia xuvenil da superficie, levou ós científicos da misión Voyager a suxerir que o anel E estaba formado con partículas procedentes das superficie de Encélado. miniatura|Imaxes onde se poden aprecia-las plumas (chorros) de xeo de auga ó longo das Listas de Tigre do polo sur de Encélado. De dereita a esquerda, as catro estrías máis grandes son Damascus, Baghdad, Cairo e Alexandria sulci.

A Voyager 2 aproximouse moito máis a Encélado (a 87.010 km) o 26 de agosto de 1981, que lle permitiu obter imaxes dunha mellor resolución. Estas imaxes revelaron que a meirande parte da superficie da lúa era de formación recente, coma se pode apreciar na Diapositiva 1. Tamén revelaron unha superficie con diferentes rexións cunhas fortes variacións de idade, cunha rexión craterizada a latitudes setentrionais, e rexións moi pouco craterizadas preto do ecuador. Esta diversidade xeolóxica contrasta coa vella e craterizada superficie de Mimas, outra lúa de Saturno que é un pouco máis pequena cá Encélado. Os terreos xeoloxicamente recentes foron unha gran sorpresa para a comunidade científica, xa que non existía daquela teoría algunha que puidese predicir que un corpo tan pequeno (e frío, comparado coa activa lúa de Xúpiter, Ío) amosase signos de actividade. Pero pola contra, a Voyager 2 non puido determinar se Encélado estaba actualmente activa ou se era a fonte do material do anel E. miniatura|Imaxe da Cassini en falsas cores dos chorros de xeo de auga do polo sur de Encélado.

A resposta a estes e outros misterios tivo que esperar ata a chegada da sonda Cassini no 1 de xullo de 2004, cando entrou en órbita ó redor de Saturno. Dados os resultados das imaxes da Voyager 2, Encélado foi considerado un obxectivo prioritario polos planificadores da misión Cassini, e planificáronse varios sobrevoos a menos de 1.500 km da superficie da lúa, así coma numerosos achegamentos a menos de 100.000 km de Encélado. Estes encontros están enumerados na táboa da esquerda. Os sobrevoos proporcionaron información importante sobre a superficie de Encélado, así como o descubrimento de chorros de vapor de auga e hidrocarburos complexos na rexión xeoloxicamente activa do polo sur. Estes descubrimentos levaron ó axuste do plan de voo de Cassini para permitir voos de aproximación rasantes a Encélado, incluíndo un encontro en marzo do 2008 que levou a sonda a achegarse a só 52 km da superficie da lúa. A misión estendida para Cassini incluíu sete voos rasantes preto de Encélado entre xullo de 2008 e xullo de 2010, incluíndo dous achegamentos a tan só 50 km na segunda metade do ano 2008.Moomaw, B.; Tour de Saturn Set For Extended Play, Spacedaily.com, February 5, 2007. Consultado o 5 de febreiro do 2007.