CAMEO (acrónimo de Chem Act Mtrls Eject Orb) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de outubro de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante o mesmo foguete Delta 2910 que puxo en órbita o satélite Nimbus 7.

Características CAMEO ía acoplado á segunda fase do foguete Delta co que se lanzou o Nimbus 7. A misión do satélite consistiu en liberar gases de cinco recipientes en diferentes momentos da súa órbita para observar o seu comportamento e interacción coa ionosfera e magnetosfera terrestres e estudar as auroras polares.

O satélite levaba un recipiente con litio e os restantes catro con bario. A liberación do barios dos catro recipientes tivo lugar a unha altura de 965 km sobre o polo norte entre as latitudes 76 e 84.

Notas

Categoría:Satélites artificiais