O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.
Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.
É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Arquitectura y Urbanismo de Vigo .
Categoría:Hospitais de Vigo Categoría:SERGAS