Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 2013, foi un notario e político galego.

Traxectoria Cursou o Bacharelato en Lugo onde tamén se fixo perito mercantil. É licenciado en Dereito e graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Notario dende 1959, exerceu en Jalón (Alacant), Arzúa, Sarria e Valdepeñas. Foi alcalde de Arzúa (1964-1968) e alcalde de Lugo (1974-1975). Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes. Foi gobernador civil de Salamanca (1975-1977) e Coruña (1977). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Asumiu a presidencia da xestora do Partido Popular de Ourense en abril de 1986 e meses despois foi elixido presidente provincial. Foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Foi Vicevaledor do Pobo. Recibiu a Medalla Castelao en 2001. Finou en Lugo o 25 de novembro de 2013.La Voz de Galicia, 26-11-2013, p. L4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia Currículo no ABC

Categoría:Alcaldes de Arzúa Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Gobernadores civís de Salamanca Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do PPdeG