Alveredos (Albaredos oficialmente e en castelán) é unha entidade do concello leonés de Barxas. Segundo o INE no 2010 vivían en Alveredos 9 persoas (5 homes e 4 mulleres). Isto supón unha diminución do 25 % respecto ao 2000, cando tiña 12 habitantes.

Situación Alveredos linda con Folgoso do Courel (Lugo), concretamente coas parroquias de Visuña e Hórreos. Dista 13 km da capital do concello e está a case 1200 m de altitude.

Poboación Os 9 habitantes de Alveredos repártense en dúas aldeas: Alveredos (6 persoas) e Cruces (3 persoas).

Evolución da poboación das aldeas dende 2000 a 2010: Lugar 2000 2002 2004 2006 2008 2010 Alveredos 9 8 7 6 6 6 Cruces 3 3 3 3 3 3 Alveredos (parroquia) 12 11 10 9 9 9

Categoría:Parroquias de Barxas