Thierry Daniel Henry, nado o 7 de agosto de 1977 en Les Ulis, é un exfutbolista francés. Xogou de dianteiro para o AS Monaco, Juventus, Arsenal, Barcelona e New York Red Bulls. Ademais, foi internacional coa selección francesa, coa que disputou 123 partidos.
Henry é o máximo goleador histórico da selección de Francia (51 goles), máximo goleador histórico do Arsenal FC (228 goles) e 3º máximo goleador da historia da Liga de Campións (51 goles).
Carreira profesional AS Monaco A carreira profesional de Thierry Henry comezou con 17 anos no AS Monaco que adestraba Arsène Wenger. Durante 2 anos xogou poucos encontros, e na posición de extremo, xa que a posición de dianteiro era para o brasileiro Sonny Anderson. En 1995 chegou ó club o adestrador Jean Tigana, quen fixo de Henry un xogador titular, que daquela salientaba mais polas asistencias que polos goles. Na tempada 1996-97 o AS Monaco gañou a Ligue 1. Ó ano seguinte o equipo caeu nas semifinais da Liga de Campións diante do Juventus FC de Zidane e Del Piero, eliminando antes ó Manchester United en cuartos de final. Henry foi o segundo máximo goleador da competición con 7 goles, saltando á fama do fútbol europeo. Campión do Mundo Nese verán de 1998, Henry foi chamado para xogar o Mundial coa selección francesa, que se proclamou campioa. Henry foi o máximo goleador do equipo francés con 3 goles. Juventus FC A mediados da tempada 1998-99 Henry foi contratado pola Juventus FC a cambio de 17 millóns de euros, pero o seu estilo de xogo non funcionou no equipo turinés, de xeito que no verán de 1999 o Arsenal FC adestrado por Arsène Wenger pagou 15 millóns de euros polo xogador francés. Arsenal FC No Arsenal FC compartiu o ataque gunner co holandés Dennis Bergkamp. Nos 2 primeiros anos o Arsenal acadou o subcampionato da Premier League, marcando 17 goles por tempada. No verán do ano 2000 Henry foi de novo campión con Francia, esta vez na Eurocopa, sendo el de novo o máximo goleador do equipo con 3 goles. Na tempada 2001-02 o Arsenal gañou a Premier League, a FA Cup e Henry foi o máximo goleador da liga con 24 goles.
Nas dúas seguintes tempadas Henry quedou 2º no FIFA World Player detrás de Zidane e Ronaldinho. En 2003 recibiu o Balón de Prata, mentres que en 2004 e 2005 foi Bota de Ouro. Gañador da Premier de novo en 2004, e da FA Cup en 2003 e 2005; en 2003, 2004 e 2005 repetiu como máximo goleador da Premier League, e en 2006 recibiu o Balón de Bronce, despois de caer na final da Liga de Campións da UEFA 2005-06 fronte ó FC Barcelona, e na final do Mundial de Alemaña 2006 fronte a Italia. Nesta ocasión de novo Henry foi o máximo goleador francés no torneo.
FC Barcelona O 23 de xuño de 2007 foi fichado polo FC Barcelona que adestraba Frank Rijkaard a cambio de 24 millóns de euros. O obxectivo de Henry no Barcelona era acadar o único gran título que non tiña no seu palmarés, a Liga de Campións da UEFA. No Barça tivo que adaptarse a xogar na posición de extremo pola esquerda, xa que os outros dous postos ofensivos pertencíanlles a Samuel Eto'o e Lionel Messi. No seu primeiro ano mostrou un xogo inferior ó que demostrara durante anos no Arsenal, e marcou só 19 goles en tódalas competicións. Porén, o éxito no club culé chegoulle na súa segunda tempada. Ese ano o equipo estreou adestrador, Pep Guardiola, que confiou en Thierry Henry dende o principio. O Barça fíxose con tódolos títulos en xogo, incluídas a Liga de Campións e a Liga española. Ese mesmo ano Henry marcou 2 goles no encontro de liga fronte ó Real Madrid xogado no Estadio Santiago Bernabéu que remataría co resultado de 2 a 6 a prol do conxunto catalán.
Na seguinte tempada gañaría 4 títulos, a Liga, a Supercopa de España, a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubs. NY Red Bulls O 14 de xullo de 2010 foi contratado polo New York Red Bulls da MLS estadounidense por 4 anos. Co seu contrato de 5'6 millóns de dólares por tempada converteuse no xogador mellor pagado da liga, xunto a David Beckham.
Estatísticas
A nivel de club ClubTempadaLigaCopaComp. Continental TotalPart.GolesAsis.Part.GolesPart.GolesPart.GolesAS Monaco1994/9583 1 0 0 0 0 831995/96183 5 30102231996/97369 8 309148101997/98304 9 509744111998/99131 3 1050191Total10520 26 12024814128Juventus FC1998/99 18 3 2 1 0 1 0 18 3Total 18 3 2 1 0 1 0 18 3Arsenal FC1999/00311795112848262000/01351734114453222001/02332455111749322002/033724236112755322003/043730204410551392004/05322515208542302005/06322772111544332006/071710531712712 Total 254 174 76 31 10 85 42 370 226FC Barcelona2007/08301297410347192008/09291981112640262009/1021423080324 Total 80 35 19 9 4 26 9 115 49NY Red Bulls2010 11 2 3 1 0 0 0 12 22011 16 15 1 0 0 0 0 17 15 Total 15 3 4 1 0 0 0 27 17 Total na súa carreira 484 249 128 56 15 139 59 679 313 En amarelo, competicións gañadas.
A nivel de selección Selección Temp. Part. GolesSelección Francesa 1997/98 10 3 1998/99 1 0 1999/00 11 5 2000/01 8 2 2001/02 9 2 2002/03 13 10 2003/04 12 4 2004/05 7 2 2005/06 15 7 2006/07 6 3 2007/08 10 5 2008/09 9 3 2009/10 12 3Total 123 51
Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe. O xardín de Thierry Ficha de Henry na páxina oficial do FC Barcelona Estatísticas na páxina da FIFA Estatísticas en Soccerbase
Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados no departamento de Essonne Categoría:Xogadores do New York Red Bulls Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2000 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2006 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2010