María del Mar Rodríguez Caldas, nada en Vigo o 25 de abril de 1964, é unha artista visual e fotógrafa galega.

Traxectoria Doutora pola Universidade de Vigo, obtivo o premio extraordinario pola tese El valor y el significado de los productos culturales. Desplazamientos y fricciones en las transacciones artísticas contemporáneas, dirixida por Jesús Hernández Sánchez. Formou parte do Comité Científico do I Congreso de Xénero, Museos e Arte (2013).

Participou en diversos obradoiros na Habana, Donostia, Mallorca e o Brasil. Traballa coa imaxe fotográfica, a partir de instalacións, fotos en branco e negro, e cadros utilizados como obxecto narrativo. En 1999 recibiu a Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Unión Fenosa . En 2023 presentou a curtametraxe documental 12 de maio de 1937. Nesta curtametraxe, Caldas usa como fío condutor o fusilamento do seu avó, José Caldas Iglesias, que tivo lugar na data que da lugar ao título da curtametraxe, para afondar nas repercusións familiares e sociales dun fusilamento.

En 2025 presentou a exposición Mulleres, traballo e memoria no Centro Galego de Arte Contemporánea, na que aborda o traballo das mulleres e a denuncia a súa escasa consideración, pasada e presente. Ademais de feminismo e conciencia de clase nesta exposición trátase a reparación da ferida franquista, que abordou na curtametraxe 12 de maio de 1937.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista en Culturagalega.org no ano 2009. O mundo patas arriba, exemplo de obra fotográfica de Mar Caldas Páxina web de Mar Caldas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes