Fernando Suárez Cortiñas é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Funcionario do concello de Santiso, onde exerceu como auxiliar administrativo e secretario do Xulgado de Paz. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santiso e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG e Independientes por SantisoPSOE, BNG e independientes se alían en Santiso y mandan al alcalde del PP a la oposición La Voz de Galicia, 27/05/2011 .. En xullo de 2013 cedeulle a alcaldía a Manuel Adán López, cabeza de lista do BNG, en virtude do acordado no pacto de gobernoEl PSdeG cede al Bloque la alcaldía de Santiso La Voz de Galicia, 10/07/2013 .. Nas municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura socialista e puido renovar o pacto de goberno co BNG de Manuel Adán, polo cal foi o primeiro tenente de alcalde deste. En 2019 retirouse da primeira liña política.
Vida persoal Está casado coa tamén dirixente socialista Inés Cagide Val, coa que ten 2 fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiso
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Santiso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia