Enrique Pérez Losada, nado no Saviñao o 24 de xuño de 1930, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Fillo de Ramón Pérez Vispo, republicano perseguido por militar no PSOE e na UGT. Coa morte do ditador afiliouse ao PSOE, sendo andidato ao Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1979, se ben non non resultou elixido. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía do Saviñao e foi elixido alcalde tras gañar as eleccións con maioría simple, contando co apoio do único concelleiro do BNPG. Nas municipais de 1983 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde, nesta ocasión con maioría absoluta.

Nas municipais de 1987 a pesar de gañar as eleccións, perdeu a maioría absoluta e os concelleiros de AP e do CDS, para evitar a súa reelección, votaron polo concelleiro nacionalista independente Xosé Manuel Rodríguez Martínez, que resultou elixido alcalde. En xaneiro de 1989 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde ao único concelleiro do CDS, Castor Montes Suárez. Encabezou a candidatura socialista en 1991, quedando nesta ocasión por detrás do PPdeG. Se ben sumaba maioría co BNG do exalcalde Rodríguez Martínez, o empecinamento deste en se-lo alcalde pese a ter menos votos que os socialistas supuxo que o PPdeG lograse a alcaldía como forza máis votada.

Non concorreu como candidato nas eleccións de 1995, abandoando a vida política. Porén, regresou en 1999 como número 2 da candidatura do PSdeG. En setembro de 2001 renunciou á súa acta de concelleiro e retirouse definitivamente da vida política. Foi presidente do Círculo Saviñao.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Saviñao

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1930