A Volta a Portugal (oficialmente: Volta a Portugal em Bicicleta / Liberty Seguros é unha carreira ciclista por etapas, organizada pola empresa Lagos Sports, que se disputa en Portugal polo xeral a mediados do mes de agosto.
Creada en 1927, até 2015 téñense celebrado 77 edicións desta proba. A carreira consta dunha prólogo e 10 etapas, rematando a última delas en Lisboa. Adoita haber unha etapa contra o reloxo e cando menos dúas etapas con final en alto (son tradicionais as etapas con ascensión final ó alto da Senhora da Graça e ó alto da Torre). Entre 1940 e 1980 a carreira duraba 3 semanas. A pesar de ser unha proba con moita tradición, a Volta a Portugal quedou colocada entre o grupo de carreiras de segundo nivel en 2005, coa creación do circuíto UCI ProTour. Actualmente forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.
Considerada a carreira ciclista máis importante de Portugal, por diante da Volta ó Algarve e a Volta ó Alentexo, recibe o alcume de La Grandíssima.
Xerseis Estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións: 30px Camisola amarela: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos. 30px Camisola azul: vestido polo líder da clasificación de escaladores. 30px Camisola vermelha: vestido polo líder da clasificación por puntos. 30px Camisola laranja: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
Palmarés O galego David Blanco ostenta o récord de vitorias definitivas con 5, seguido do portugués Marco Chagas con 4, e dos tamén portugueses Joaquim Agostinho e Alves Barbosa con 3. Namentres, o campión nas últimas dúas edicións é o español Raúl Alarcón. Pódios da Volta a PortugalEdiciónsPRIMEIROSegundoTerceiro 2018 Raúl Alarcón Jóni Brandão Vicente García de Mateos 2017 Raúl Alarcón Amaro Antunes Vicente García de Mateos 2016 Rui Vinhas Gustavo Veloso Daniel Silva 2015 Gustavo Veloso Jóni Brandão Alejandro Marque 2014 Gustavo Veloso Rui Sousa Delio Fernández 2013 Alejandro Marque Gustavo Veloso Rui Sousa 2012 David Blanco Hugo Sabido Rui Sousa 2011 Ricardo Mestre André Cardoso Rui Sousa 2010 David Blanco David Bernabeu Sergio Pardilla 2009 David Blanco David Bernabeu Rubén Plaza 2008 David Blanco Héctor Guerra Rubén Plaza 2007 Xavier Tondo Cândido Barbosa Héctor Guerra 2006 David Blanco Héctor Guerra Cândido Barbosa 2005 Vladimir Efimkin Cândido Barbosa Adolfo García Quesada 2004 David Bernabéu David Arroyo Nuno Ribeiro 2003 Nuno Ribeiro Claus Michael Møller Rui Lavarinhas 2002 Claus Michael Møller Joan Horrach Rui Miguel Sousa Barbosa 2001 Fabian Jeker Andrei Zintchenko Juan Miguel Mercado 2000 Vítor Gamito Claus Michael Møller Andrei Zintchenko 1999 David Plaza Vítor Gamito Melchor Mauri 1998 Marco Serpellini Orlando Rodrigues Wladimir Belli 1997 Zenon Jaskuła Wladimir Belli Joaquim Gomes 1996 Massimiliano Lelli Vítor Gamito Manuel Abreu 1995 Orlando Rodrigues Quintino Rodrigues Delmino Pereira 1994 Orlando Rodrigues Vítor Gamito Joaquim Gomes 1993 Joaquim Gomes Vítor Gamito Luis Espinosa 1992 Cássio Freitas Quintino Rodrigues Manuel Abreu 1991 Jorge Silva Orlando Rodrigues Vicente Ridaura 1990 Fernando Carvalho Joaquim Gomes Jorge Silva 1989 Joaquim Gomes Cassio Freitas Antonio Alves 1988 Cayn Theakston Jorge Silva Joaquim Gomes 1987 Manuel Cunha Manuel Neves Fernando Fernandes 1986 Marco Chagas Benedicto Ferreira Antonio Pinto 1985 Marco Chagas Eduardo Correia Venceslau Fernandes 1984 Venceslau Fernandes Manuel Zeferino Manuel Cunha 1983 Marco Chagas Antonio Pinto Belmiro Silva 1982 Marco Chagas Adelino Teixeira Manuel Zeferino 1981 Manuel Zeferino Venceslau Fernandes Fernando Fernandes 1980 Francisco Miranda Luis Vargues Belmiro Silva 1979 Joaquim Sousa Santos Belmiro Silva Fernando Fernandes 1978 Belmiro Silva Armindo Lucio Adelino Teixeira 1977 Adelino Teixeira Joaquim Sousa Santos Joaquim Andrade 1976 Firmino Bernardino Antonio Fernandes Floriano Mendes 1975 Non se disputou 1974 Fernando Mendes Dinis Silva Antonio Martins 1973 Jesus Manzaneque Fernando Mendes José Martins 1972 Joaquim Agostinho José Martins José-Luis Galdamez 1971 Joaquim Agostinho Alain Santy Firmino Bernardino 1970 Joaquim Agostinho Firmino Bernardino José Florensio 1969 Joaquim Andrade Fernando Mendes Mario Silva 1968 Américo Silva Joaquim Agostinho Leonel Miranda 1967 Antoon Houbrechts João Roque Manuel Correia 1966 Francisco Valada Peixoto Alves Sergio Pascoa 1965 Peixoto Alves João Roque Mário Silva 1964 Joaquim Leão Jorge Corvo João Roque 1963 João Roque Jorge Corvo Peixoto Alves 1962 José Pacheco Peixoto Alves Jorge Corvo 1961 Mário Silva Augusto Marcoletti Alberto Carvalho 1960 José Carlos Sousa Cardoso Antonino Baptista Antonio Gómez del Moral 1959 Carlos Carvalho Jorge Corvo Aquiles Dos Santos 1958 Alves Barbosa José Carlos Sousa Cardoso Carlos Carvalho 1957 José Manuel Ribeiro da Silva Sousa Santos Agostinho Ferreira 1956 Alves Barbosa José Manuel Ribeiro da Silva João Marcelino 1955 José Manuel Ribeiro da Silva Sousa Santos Alves Barbosa 1953-1954 Non se disputou 1952 Moreira de Sá Emilio Rodríguez Manuel Rodríguez 1951 Alves Barbosa Manuel Rodríguez Emilio Rodríguez 1950 Dias dos Santos Mario Fazzio Moreira de Sá 1949 Dias dos Santos Attilio Lambertini Joaquim Sá 1948 Fernando Moreira Emilio Rodríguez João Rebelo 1947 José Martins João Rebelo Império Dos Santos 1946 José Martins Fernando Moreira João Rebelo 1942-1945 Non se disputou 1941 Francisco Inácio José Martins Aniceto Bruno 1940 José Albuquerque Aguiar Martins Amaro Aguiar Cunha 1939 Joaquim Fernandes Antonio Bartolomeu Aguiar Martins 1938 José Albuquerque Filipe Melo José Fernandes 1935 César Luís José Marques Filipe Melo 1934 José Maria Nicolau Ezequiel Lino Aguiar Cunha 1933 Alfredo Trindade Ezequiel Lino Luis Cesar 1932 Alfredo Trindade José Maria Nicolau Carlos Domingos Leal 1931 José Maria Nicolau Alfredo Trindade João Francisco 1928-1930 Non se disputou 1927 Augusto Carvalho Manuel Nunes Abreu Quirino Oliveira
Palmarés por países PaísVitorias578621
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Volta a Portugal