Il viaggio a Reims é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Balocchi, baseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Germaine de Staël. O seu título completo é Il viaggio a Reims, ossia L'albergo del giglio d'oro (ou en galego, A viaxe a Reims, ou o Hotel da flor de lis de ouro). Foi estreada no Va ser estreada no Théâtre-Italien de París, o 19 de xuño de 1825 con Giuditta Pasta como Corinna e as mellores voces da época, foi a última ópera de Rossini en italiano (tódalas súas obras posteriores foron en francés) e estreouse co título Le voyage à Reims, ou l'Hôtel du Lys-d'Or.
Foi escrita para a celebración da coroación do rei Carlos X de Francia en 1825, a obra foi aclamada polos críticos como unha das mellores composicións de Rossini. É unha ópera esixente, con 14 solistas (tres sopranos, unha contralto, dous tenores, catro barítonos, e catro baixos), e é por iso polo que non se representa con frecuencia.
Il viaggio a Reims non ten opertura.Roberto Maietta, Per un catalogo del “Fondo Giuseppe Piccioli”: inquadramento delle opere e catalogo delle edizioni, tese para o grao trienal en musicoloxía, Universidade de Cremona, Faculdade de Musicoloxía, ano académico 2009-2010: Catalogo delle opere edite del “Fondo Giuseppe Piccioli”, p. 22, nota 5 (publicada na Biblioteca online da Facultade de Musicoloxía da Universidade de Pavia ). A fonte declarada de Maietta é o prefacio (Prefazione) á edición crítica da ópera, editada por Janet J. Johnson: Il viaggio a Reims, ossia, L'albergo del Giglio d'oro, dramma giocoso in un atto di Luigi Balocchi, musica di Gioachino Rossini, Pesaro, Fondazione Rossini, 1999, I, p. xxxv O que se chama abertura, deriva dun conxunto de danzas en Le siège de Corinthe (1826), unha das que Rossini reformara a partir das danzas no final de Il viaggio a Reims,Janet Johnson: A Lost Masterpiece Recovered, p.37-38 de las notas a la gravación de 1984 DG. é unha invención do século XX ou unha atribución errónea. En 1938 publicouse en Milán, nunha revisión de Giuseppe Piccioli,Il viaggio a Reims. Sinfonia / Gioachino Rossini, revisione di Giuseppe Piccioli — Partitura — Milan: Carisch, 1938 que foi estreada no Teatro alla Scala o 5 de novembro de 1938, dirixida por Richard Strauss. Máis tarde foi gravada repetidamente como a suposta abertura de Il viaggio a Reims, ata que finalmente a partitura orixinal da ópera se puido reconstruír.
O compositor máis tarde reutilizou unha boa parte da música para Le comte Ory.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco o 19 de xuño de 1825Director: Gioachino RossiniCorinna (poetisa)sopranoGiuditta PastaMelibea (marquesa polonesa) mezzosopranoAdelaide SchiassettiCondesa de Folleville (aristócrata viúva) sopranoLaure Cinti-DamoreauSra Cortese (propietaria do balneario)sopranoEster Mombelli Belfiore (oficial do exército francés)tenorDomenico Donzelli Conde de Libenskof (aristócrata ruso)tenorMarco Bordogni Barón Trombonok (aristócrata alemán) baixoVincenzo Graziani Sydney (namorado de Corinna) baixoCarlo Zucchelli Don Profundo (anticuario italiano) baixoFelice Pellegrini Don Álvaro (namorado de Melibea) baixoNicolas Levasseur Don Prudencio (médico do balneario) baixoLuigi ProfetiDon Luigino (curmán de Folleville)barítonoPiero ScudoDelia (amiga de Corinna)sopranoMaría AmigoMaddalena (ama de chaves do balneario)mezzosopranoCaterina RossiModestina (doncela de Folleville)mezzosopranoMarietta DottiZeferino (un carteiro)tenorGiovanolaAntonio (criado do balneario)barítonoAulettaGelsomino (camareiro do balneario)tenorTrévaux'''Empregados do balneario, turistas etc.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1825