miniatura|dereita|Epitelio xerminal do testículo. 1: lámina basal2: espermatogonia3: espermatocito primario4: espermatocito secundario5: espermátida6: espermátida madura7: célula de Sertoli8: unión hermética (barreira hematotesticular) miniatura|dereita|Sección histolóxica a través do parénquima testicular do porco.1 lumen do túbulo seminífero contorto2 espermátidas3 espermatocitos4 espermatogonias5 célula de Sertoli6 miofibroblastos7 células de Leydig8 capilares.
As células de Sertoli son un tipo de células que dan soporte estrutural e metabólico ás células dos túbulos seminíferos dos testículos. Encóntranse no interior dos túbulos seminíferos, envolvendo as células xerminais e formando a barreira hematotesticular. As súas funcións coñecidas inclúen a fagocitose dos restos celulares producidos durante a diferenciación das células xerminais, sustento físico do proceso de diferenciación, formación da mencionada barreira hematotesticular e mantemento do microambiente tubular para a axeitada proliferación e diferenciación das espermatogonias primitivas e para a produción de espermatozoides.
A célula é activada pola hormona estimulante dos folículos (FSH), xa que ten na súa membrana o receptor FSH.
As células de Sertoli levan o nome do seu descubridor, o fisiólogo italiano Enrico Sertoli,
Funcións
A súa principal misión é a nutrición das células espermáticas en desenvolvemento que están experimentando a espermatoxénese. Durante a fase de maduración da espermioxénese, as células de Sertoli actúan tamén como fagocitos consumindo as porcións citoplasmáticas residuais innecesarias dos espermatozoides en maduración. O desprazamento das células xerminais desde a base ao lume dos túbulos seminíferos ten lugar grazas a cambios conformacionais das marxes laterais das células de Sertoli. As células de Sertoli únense ás espermatogonias por medio de N-cadherinas.
As células de Sertoli segregan tamén varias proteínas.
Función secretora As células de Sertoli segregan as seguintes substancias:
Hormona antimülleriana (AMH). Segregada durante as fases iniciais da vida fetal. Inhibina e activinas. Segregadas despois da puberdade, que traballan conxuntamente regulando a secreción de FSH. Proteína de unión aos andróxenos (tamén chamada proteína de unión á testosterona). Incrementa a concentración de testosterona nos túbulos seminíferos para estimular a espermioxénese. Estradiol - aromatase. Converte a testosterona en 17 beta-estradiol para dirixir a espermatoxénese. Factor neurotrófico derivado da liña celular glial (GDNF). Funciona como promotor de espermatogonias indiferenciadas, o que asegura a autorrenovación das células troncais durante o período perinatal. Factor de transcrición ERM. É un factor de transcrición necesario para o mantemento das células troncais espermatogoniais no testículo adulto. Transferrina, unha proteína do plasma sanguíneo dedicada ao transporte do ión ferro
Barreira hematotesticular A barreira hematotesticular está formada por unións herméticas de células de Sertoli que illan inmunoloxicamente os compartimentos nos que ten lugar a espermatoxénese. Esta barreira é dinámica, xa que se remodela, e permite a migración de espermatocitos desde a zona basal á adluminal, e non pode ser atravesada por células pertencentes ao sistema inmunitario como os linfocitos. Os complexos de unión que forman parte desta barreira empezan a aparecer na puberdade, cando as células de Sertoli deixaron de se dividir e comezaron a actividade meiótica, o que inclúe a aparición dos antíxenos específicos de células meióticas e haploides que o sistema inmunitario pode recoñecer, polo que cómpre o seu illamento. O túbulo queda dividido en dous compartimentos: un basal coas espermatogonias e espermatocitos preleptoteno (de leptoteno, fase da meiose) e outro adluminal coas células xerminais postmeióticas. Como a barreira é dinámica, as células xerminais poden migrar. Ademais estas van depender unicamente das células de Sertoli para a súa nutrición, debido ao seu illamento.
O proceso de diferenciación dunha espermatogonia en espermatozoide tarda aproximadamente 74 días. Durante este tempo as células de Sertoli verten nutrientes e metabolitos ao lume dos cales dependen as células xerminais, xa que non teñen contacto ningún con vasos sanguíneos e intersticios debido ao seu illamento pola barreira hematotesticular. As células de Sertoli controlan a entrada e saída dos túbulos do testículo de nutrientes, hormonas e outras substancias, ademais de illar inmunoloxicamente a zona.
Orixe Suxeriuse que as células de Sertoli poden derivar do mesonefros.
Unha vez completamente diferenciadas, as células de Sertoli xa non poden proliferar. Por tanto, cando empeza a espermatoxénese non se poden formar máis células de Sertoli.
Porén, atopouse recentemente un modo de cultivar estas células fóra do corpo. Isto pode dar lugar á posibilidade de reparar algúns defectos que causan infertilidade masculina.
Histoloxía miniatura|dereita|Sección transversal dun túbulo seminífero do testículo de rata a 250 aumentos. Nas preparacións con tinguiduras estándar, é fácil confundir as células de Sertoli coas outras células do epitelio xerminal. A característica máis distintiva das células de Sertoli é o seu nucléolo intensamente tinguido.
A célula de Sertoli apoia na lámina basal e esténdese ao longo de todo o epitelio do túbulo seminífero ata a superficie do mesmo. Presenta moitas prolongacións delgadas laterais que rodean as células espermáticas e enchen os intersticios entre elas. Núcleo ovoide ás veces con pregamentos e nucléolo moi grande. Citoplasma con numerosas mitocondrias alongadas, retículo endoplasmático liso grande en posición basal e o rugoso é menor, aparato de Golgi grande e lisosomas e algunhas gotas lipídicas ou gránulos de lipofuscina. Filamentos e microtúbulos do citoesqueleto abundantes. As células de Sertoli humanas presentan unhas inclusións características chamadas cristaloides de Charcot-Böttcher, que son estruturas finas fusiformes formadas por filamentos densos D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 804-809. ISBN 84-7605-361-4.
Patoloxía Existe un tipo de tumor chamado tumor de células de Sertoli-Leydig.
Historia As células de Sertoli reciben ese nome polo seu descubridor o fisiólogo italiano Enrico Sertoli, que as describiu en 1865 cando estaba estudando medicina na Universidade de Pavia, Italia.WhoNamedIt - synd|518 Sertoli cell
Na súa publicación de 1865, utilizou o termo "células arbóreas" ou "células fibrosas" e describiunas como células nutritivas. A utilización por outros científicos do nome "célula de Sertoli" en publicacións comezou en 1888.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas BUHistology - 17805loa BUHistology - 17806loa
Categoría:Histoloxía Categoría:Aparato reprodutor masculino