Alien 3 (ou tamén Alien³) é un filme estadounidense dirixido por David Fincher que se estreou en 1992.
Sinopse Tras conseguir escapar con Newt e Bishop dun planeta cheo de aliens, a tenente Ellen Ripley (Sigourney Weaver) recala accidentalmente en Fiorna 161, un cárcere galáctico cuxos perigosos reclusos están absolutamente abandonados á súa sorte.
Personaxes Sigourney Weaver como Ellen Ripley Charles S. Dutton como Dillon Charles Dance como Jonathan Clemens Brian Glover como Harold Andrews Ralph Brown como Aaron Paul McGann como Golic Danny Webb como Morse Pete Postlethwaite como David Lance Henriksen como Michael Bishop Tom Woodruff, Jr. como Alien Peter Guinness como Gregor Holt McCallany como Junior Os outros prisioneiros son Clive Mantle (como William), Leon Herbert (como Boggs), Christopher Fairbank (como Murphy), Phil Davis (como Kevin), Niall Buggy (como Eric), Christopher John Fields (como Rains), Vincenzo Nicoli (como Jude), Deobia Oparei (como Arthur), e Carl Chase (como Frank).
Produción Rodaxe A rodaxe comezou o 14 de xaneiro de 1991 en Pinewood Studios sen un guión rematado e tendo gastados 7 millóns de dólares. Malia que a maioría do filme foi rodado en Pinewood, algunhas escenas foron rodadas en Blyth Power Station en Northumberland, no Reino Unido. O obxectivo destas tomas era amosar o exterior do planeta. O fotógrafo Jordan Cronenweth traballou só durante dúas semanas antes de que comezase a padecer da síndrome de Párkinson, e foi substituído por un produtor cuxo pai morrera con esa doenza anos atrás, e era consciente que o ritmo esixente de rodaxe podería ser fatal para a saúde de Cronenweth. Foi substituído por Alex Thomson.Wreckage and Rape: The Making of Alien 3 – Stasis Interrupted: David Fincher's Vision and The Downward Spiral: Fincher vs. Fox (Alien 3 Collector's Edition DVD)
Galardóns e nomeamentos 1992: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais. 1992: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Fincher Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América