dereita|miniatura|O xeneral Miguel Primo de Rivera (dereita), xunto ao rei Afonso XIII. A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de Estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.
A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República Española.
Foi considerada como «o primeiro ensaio de institucionalización consciente do nacionalismo español» autoritario cuxo instrumento foi o Exército, fortemente corporativo e militarista.Núñez Seixas (2018), p. 58
Contexto Co comezo do século XX o réxime da Restauración foise debilitando e facéndose cada vez máis inestable. Tralos intentos rexeneracionistas fracasados de Silvela, chegou o intento de facer unha "revolución desde arriba" de Maura, que incluía a creación de autonomías, pero este tivo que dimitir a consecuencia da Semana Tráxica de Barcelona en 1909. Posteriormente, Canalejas procurou desenvolver un programa reformista liberal, mais non deu resolto os problemas estruturais. Neste clima, os partidos tradicionais da Restauración foron debilitándose mentres que os partidos republicanos e os movementos obreiros (CNT, PSOE-UXT) ampliaron as súas bases organizadas e fóronlle gañando terreo ao sistema.
E cada vez máis, fronte á febleza dos partidos tradicionais o exército aparecía como garante das solucións para os problemas do momento. Dous momentos claves dese debilitamento e da actitude pretoriana do Exército foron, por unha banda, o episodio do Cu-Cut! de 1905 —o asalto por oficiais da gornición de Barcelona á redacción e os talleres desta publicación satírica nacionalista catalá e, despois, tamén os do xornal La Veu de Catalunya, como resposta a unha caricatura satírica sobre os militares— e que levou á promulgación da denominada Lei de Xurisdicións de 1906; e, por outra, a crise española de 1917 e a folga xeral de 1917, na que tiveron un importante protagonismo as autodenominadas Xuntas de Defensa, integradas exclusivamente por militares.González Calleja (2005), pp. 18-19
A Primeira guerra mundial trouxo un período de puxanza económica grazas a un incremento das exportacións aos países combatentes, pero supuxo tamén un desabastecemento interno e unha alza de prezos, a máis de non seren complementadas con investimentos que eran necesarios, polo que as condicións económicas de boa parte da poboación non melloraron.
En cambio, a Revolución rusa si causou un fondo efecto, converténdose en referente do movemento obreiro revolucionario e alarmando a burguesía. O final da guerra acabou coa puxanza económica e, grazas ao auxe nacionalista no Tratado de Versalles, abriu campo para os nacionalismos peninsulares.
Nas décadas de 1910 e 1920 a crise acentuouse. A Guerra do Rif era altamente impopular e carecía de beneficios económicos, pero supuña unha cuestión de honra para un exército dividido polo sistema de ascensos entre os africanistas, que defendían os méritos de guerra, e os que apostaban pola antigüidade como criterio principal. Esta pugna deu nunha crise interna, na que se formaron xuntas de defensa. Con todo, o exército mantívose leal ao réxime político e foi determinante na disolución da folga xeral de 1917 e da asemblea paralela de parlamentarios cataláns. Co tempo, a suspensión de garantías constitucionais e o estado de excepción converteríanse nun medio recorrente para combater o pistoleirismo.
En 1921, a derrota do exército español en Annual fronte ao líder rifeño Abd el-Krim, supuxo unha dura labazada ao dominio español de Marrocos, e motivou unha comisión investigadora parlamentaria e a redacción dun informe (Expediente Picasso) sobre a situación do exército en Marrocos, así como a determinación das responsabilidades na derrota, converténdose nunha profunda crítica ao réxime político e chegaban ata o rei. Antes de permitir a súa aprobación, diversos sectores do exército liderados por Miguel Primo de Rivera realizaron un golpe de estado en 1923. Este contou con escasa oposición, pois a inestabilidade política dos últimos anos facía que fose visto como inevitable e fixo que a burguesía o acollese como garante da orde, mentres que as promesas de renovación política do xa desacreditado réxime caciquil foron ben acollidas.
Ao país e ao exército.Españois: chegou para nós o momento máis temido que esperado (porque quixésemos vivir sempre na legalidade e que ela rexese sen interrupción a vida española) de recoller as ansias, de atender o clamoroso requirimento de cantos amando a Patria non ven para ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón ofrécennos o cadro de desdichas e inmoralidades que empezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A tupida rede da política de concupiscencias colleu nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real. Con frecuencia parecen pedir que gobernen os que eles din non deixan gobernar, aludindo aos que foron o seu único, aínda que débil, freo, e levaron ás leis e costumes a pouca ética sa, esta tenue tinguidura de moral e equidad que aínda teñen, pero na realidade se avienen fáciles e contentos á quenda e á repartición e entre eles mesmos designan a sucesión.
Pois ben, agora imos solicitar todas as responsabilidades e a gobernar nós ou homes civís que representen a nosa moral e doutrina (...). Este movemento é de homes: o que non senta a masculinidade completamente caracterizada que espere nun recuncho, sen perturbar os días bos que para a patria preparamos.Españois: Viva España e viva o Rei! (...) O Manifesto de Primo de Rivera (tradución ao galego) 13 de setembro de 1923
O golpe de estado
miniatura|Placa Calle del 13 de Septiembre en Barro.
O 13 de setembro de 1923 o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, sublevouse contra o Goberno e deu un golpe de estado co apoio da maioría das unidades militares. A reunión prevista das Cortes Xerais para datas inmediatamente posteriores co obxectivo de analizar o problema de Marrocos e o papel do exército na contenda foron o detonante último da sublevación. A esta situación únese unha grave crise do sistema monárquico que non acaba de encaixar nun século XX marcado pola revolución industrial acelerada, un papel non recoñecido á burguesía, tensións nacionalistas e uns partidos políticos tradicionais incapaces de afrontar un réxime democrático pleno. Previamente, Antonio Maura desaconsellara ao rei a posibilidade tanto dun golpe de estado como do establecemento de calquera sistema autoritario. O 14 de setembro o goberno lexítimo pedira ao rei a destitución inmediata dos xenerais sublevados, concretamente José Sanjurjo Sacanell e o propio Primo de Rivera, e a convocatoria das Cortes Xerais, pero o monarca deixou pasar as horas ata que, finalmente, se mostrou abertamente a favor do golpe.
No Manifesto dos sublevados invocouse a salvación de España dos "profesionais da política". Co apoio do exército, da burguesía catalá e dos terratenentes andaluces, Afonso XIII non pon maiores obstáculos a nomear Presidente do Goberno de España a Primo de Rivera na súa calidade de ditador militar o 15 de setembro. A ditadura só foi contestada polos sindicatos obreiros e os republicanos, cuxas protestas foron inmediatamente acaladas coa censura e a represión. Creouse un Directorio Militar con nove xenerais e un almirante, cuxa finalidade nas súas propias palabras era "pór España en orde" para devolvela despois a mans civís. Suspendeuse a Constitución, disolvéronse os concellos, prohibíronse os partidos políticos, creáronse os Somatenes como milicias urbanas e declarouse o estado de guerra.
Primo de Rivera ofrecía unha imaxe campechana e paternalista, á vez que mantiña un discurso antisistema moi ao día na época, acusando de corruptos aos políticos e enviando á poboación mensaxes sinxelas que facían pensar nunha fácil solución dos problemas con receitas puramente domésticas ao alcance de todos.
Fases da ditadura O directorio militar miniatura|280px|O xeneral Primo de Rivera, xunto ao rei Afonso XIII, rodeado de militares durante o Directorio militar. Para caracterizar este período, o historiador Santos Juliá emprega a expresión "ditadura con Rei", aínda que tamén o caracteriza como "ditadura militar de real orde".Juliá (1999), pp. 63-64 ("Unha fórmula de ditadura con rei que se estenderá por Iugoslavia co rei Alexandre en 1929, Bulgaria co rei Boris en 1934-35, Grecia con Xurxo II e a toma do poder polo xeneral Metaxas trala restauración de 1935, e Romania co rei Carol en 1938"). De certo, o éxito do golpe militar decidiuno o rei Afonso XIII cando non apoiou ao goberno e, entroques, cedeu o poder a Primo de Rivera; situación semellante á realizada un ano antes polo rei de Italia Vitor Manuel III que se negara a asinar o decreto do estado de emerxencia para impedir a "marcha sobre Roma" dos fascistas e que, ao día seguinte, nomeou a Mussolini xefe do goberno. Igualmente, a poucos de se instaurar a ditadura, Afonso XIII díxolle a Vítor Manuel III nunha visita oficial a Italia: "xa teño o meu Mussolini".Juliá (1999), p. 65
Por outra banda, Primo de Rivera admiraba a Mussolini, a quen consideraba o apóstolo da campaña dirixida contra a corrupción e a anarquía. Segundo a historiadora Genoveva García Queipo de Llano, "o aumento das dificultades e a propia consolidación do réxime ditatorial, levárono [a Primo de Rivera] a achegarse algo máis ao fascismo, mais sempre con indecisión, de xeito tímido".García Queipo de Llano (1997).
O 14 de setembro de 1923 declarouse o estado de guerra, que duraría ata o 16 de marzo de 1925. O 15 de setembro aprobábase o Real Decreto que establecía un Directorio Militar que asumía todas as funcións do poder executivo. Primo de Rivera convertíase en xefe de Goberno e único ministro. O resto do Directorio estaba composto por un xeneral de cada Capitanía Xeneral, máis o marqués de Magaz, Antonio Magaz y Pers (Contraalmirante), en representación do conxunto das Forzas Armadas: Adolfo Vallespinosa (I Rexión Militar), Luis Fermosa y Kith (II Rexión Militar), Luis Navarro y Alonso de Celada (III Rexión Militar), Dalmiro Rodríguez y Padre (IV Rexión Militar), Antonio Mayandía y Gómez (V Rexión Militar), Francisco Gómez-Jordana y Souza (VI Rexión Militar), Francisco Ruiz del Portal (VII Rexión Militar) e Mario Muslera y Plans (VIII Rexión Militar). miniatura|Real decreto no que El-Rei Afonso XIII, o 16 de decembro de 1923, nomea Xefe de Goberno ao Tenente xeneral D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, Marqués de Estella. As primeiras decisións do ditador foron espectaculares e marcaron un rumbo moi claro para toda a clase política, social e económica de España de como se ía a gobernar. Á disolución das Cortes uniuse o día 18 de setembro un decreto que prohibía o uso doutra lingua que non fose o castelán, nin de símbolos como bandeiras vascas ou catalás. A Mancomunidade de Cataluña foi intervida co nomeamento do conservador Alfons Sala e disolvéronse as Deputacións Provinciais. Do mesmo xeito restrinxíronse as liberdades políticas, anulouse o sistema de representación, suspendéronse as garantías constitucionais e censuráronse as publicacións da prensa. Ata 1925 o goberno estaba formado por un directorio militar ao modo e xeito conforme que Primo de Rivera consideraba debía rexerse "con man de ferro" o país.