Pedro Manuel Mamede Passos Coelho, nado en Coímbra o 24 de xullo de 1964, é un economista e político portugués, primeiro ministro do seu país de 2011, cando herdou o cargo de José Sócrates, a 2015, cando foi substituído por António Costa.

Traxectoria Pasou a súa infancia entre Silva Porto (hoxe Kuito) e Luanda en Angola, onde o seu pai exerceu a medicina. Regresou a Portugal cando tiña 9 anos e estableceuse coa súa familia en Vale de Nogueiras e estudou no Liceo Nacional Camilo Castelo Branco, en Vila Real.

Ao catorce anos uniuse á Mocidade Social Demócrata, onde foi membro do Consello Nacional, entre 1980 e 1982, e chegou á presidencia da Comisión Política en 1990, ocupando o cargo até 1995. Foi deputado na Asemblea Nacional, pola circunscrición de Lisboa, entre 1991 e 1999, onde se uniu á Asemblea Parlamentaria da OTAN até 1995 e foi vicepresidente do Grupo parlamentario do Partido Socialdemócrata -PSD, desde 1996 a 1999. Presentouse como candidato para alcalde de Amadora e foi elixido rexedor entre 1997 e 2001.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Portugal Categoría:Nados no distrito de Coímbra Categoría:Nados en 1964 Categoría:Deputados de Portugal Categoría:Políticos do Partido Social Demócrata (Portugal)