Lembranza é un disco recompilatorio (e décimo quinto na discografía) con éxitos do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado no 2000, baixo o selo Produccións Trebón.

A edición componse dun dobre compacto recompilatorio que foi presentado o 29 de novembro de 2000 en Pontevedra, con presenza da súa viúva e da súa irmá, e a continuación proxectouse un vídeo cun concerto dado por Vaamonde no Teatro Principal de Ourense. A portada componse dun debuxo realizado por Xosé Guillermo e no interior conta cunha biografía feita por Miguel Boo.

Foi bastante criticado por obviar boa parte das cancións de intervención política e centrarse nos temas líricos.

Lista de cancións CD 1

CD 2

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre Suso Vaamonde Páxina sobre Suso Vaamonde Portadas do álbum en coveralia.com

Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Suso Vaamonde