O ácido murámico é un monosacárido que se orixina pola unión por enlace éter do ácido láctico e a glicosamina. É un azucre ácido porque leva un grupo carboxilo (COOH) e tamén un aminoazucre, porque leva un grupo amino.

Forma parte da estrutura do ácido N-acetilmurámico, que é un dos compoñentes do peptidoglicano que forma a parede celular bacteriana.Muramic acid - Compound Summary, PubChem. Na parede das bacterias Chlamydia non se detecta ácido murámico, o cal é unha excepción dentro das bacterias A Fox, J C Rogers, J Gilbart, S Morgan, C H Davis, S Knight, and P B Wyrick. Muramic acid is not detectable in Chlamydia psittaci or Chlamydia trachomatis by gas chromatography-mass spectrometry. Infect Immun. 1990 March; 58(3): 835–837. PubMed.

Notas

Véxase tamén Ácido N-acetilmurámico Ácido neuramínico

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos Categoría:Azucres ácidos Categoría:Aminoazucres