José María González Barcia, nado en Burela en 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria En 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Cervo e foi o portavoz deste grupo na oposición. Trala segregación de Burela en decembro de 1994 pasou a ser vogal na comisión xestora do novo concello. Formou parte da candidatura do PPdeG en Burela en 1995 e foi elixido concelleiro, asumindo responsabilidades de goberno baixo o mandato do alcalde Manuel Mon Rouco. O PPdeG revalidaría o goberno en 1999 e 2003, polo que continuou formando parte do goberno local. Trala dimisión de Manuel Mon Rouco o 8 de marzo de 2005"El popular Manuel Mon deja la alcaldía de Burela alegando razones de tipo personal" , artigo en La Voz de Galicia, 9 de marzo de 2005. foi elixido novo alcalde na súa substitución.
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e perdeu a maioría absoluta, polo que cedeu a alcaldía tras un pacto entre PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 recuperou a alcaldía tras lograla maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu perdela alcaldía tras logralo PSdeG-PSOE a vitoria con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Burela
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Burela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes