Morris Almond, nado en Dalton (Xeorxia) o 2 de febreiro de 1985, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria Almond foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Utah Jazz. Na súa tempada coma rookie, xogou en 9 partidos cos Jazz, cunha media de 4.3 minutos por partido. Pasou a meirande parte da tempada nos Utah Flash da NBA Development League, equipo ao cal foi asignado. Liderou a D-League en anotación con 25.6 puntos por partido. Nesa tempada, ademais, superou o récord da liga en anotación, ao anotar 53 puntos na vitoria do seu equipo por 103-87 contra os Bakersfield Jam.Almond Leads Flash to 102-87 Win Over Jam .
O 18 de setembro de 2009, asinou con Orlando Magic.Magic Sign Almond, Johnson; Prepare for Camp Foi despedido o 21 de outubro de 2009.Orlando Waives Morris Almond . Xogou tamén para outros dous equipos da NBA D-League, Maine Red Claws e Springfield Armor.Morris Almond playerfile . NBA Development League. Máis tarde fichou polo Real Madrid da Liga ACB. En xullo de 2010 deixou o Real Madrid e asinou polo Scavolini Pesaro da liga italiana.Scavolini Pesaro signs Morris Almond
En xaneiro de 2012, volveu aos Estados Unidos, e asinou cos Maine Red Claws por segunda vez. O 16 de abril de 2012, os Washington Wizards anunciaron a contratación de Almond para o resto da tempada 2011-12.Wizards Sign Guard Morris Almond
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas NBA.com Perfil en NBA.com Official Rice bio
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no condado de Whitfield, Xeorxia