"The Universal" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como segundo sinxelo do seu álbum The Great Escape o 13 de novembro de 1995. O tema acadou o posto 5 na lista británica de sinxelos.
Coa intención de manter a tématica de ciencia ficción da canción, a portada do sinxelo fai alusión á primeira escena da película 2001: Unha odisea do espazo, e o seu vídeo musical é un tributo a A Clockwork Orange, con membros da banda vestidos de xeito semellante a Alex e os seus drugos. Ámbalas dúas películas foron dirixidas por Stanley Kubrick.
Listaxe de cancións CD1 "The Universal" "Ultranol" "No Monsters in Me" "Entertain Me" (the live it! remix)
CD2 "The Universal" (live) "Mr Robinson's Quango" (live) "It Could Be You" (live) "Stereotypes" (live)
7" e Casete "The Universal" "Entertain Me" (the live it! remix)
CD Xapón "The Universal" "It Could Be You" (live) "Stereotypes" (live) "Entertain Me" (the live it! remix)
Categoría:Sinxelos de 1995 Categoría:Cancións de Blur