José Enrique Sotelo Villar, nado en Aldán (Cangas de Morrazo) o 15 de xaneiro de 1959, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982. Concelleiro en Cangas polo PPdeG dende 1991, foi deputado no Parlamento de Galicia (1993-1999) e voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cangas de Morrazo e foi elixido alcalde. Repetiu como alcalde nas municipais de 2003. Foi deputado provincial. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde de Cangas grazas a un pacto con UPAC José Enrique Sotelo (PP) será alcalde de Cangas tras pactar con Nardo Faro (UPAC) (escisión do Partido Popular).
Sotelo seguiu na oposición dende o ascenso de Xosé Manuel Pazos Varela no 2015 o cal carvou un goberno de coalición que cambiaría de membros pero que duraría ata 2023 sendo a morte deste o punto final para a Alternativa Canguesa de Esquerdas, nas municipais de 2023 acadaría con 10 escanos máis unha nova coalición de esquerdas presidida por Araceli Gestido Rodríguez desprazaría o veterano rexedor conservador unha vez máis a oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo
Ligazóns externas Artigo en Faro de Vigo
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1959 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia